
1. Guía para educadores:
nela atoparás toda a información necesaria para aplicar
a proposta, na túa aula ou grupo. Entre
outros contidos, ofrece unha descripción de cada unha das 19 actividades,
coas instruccións para o seu traballo; e suxestións para a súa elección,
en función do tempo dispoñible, organización do mesmo, actividades
complementarias, etc.
2. Anexo:
trátase dun caderno de consulta sobre aspectos teóricos relacionados
coa propuesta, así como recomendacións de material bibliográfico
e páxinas web.
3. Fichas de actividades:
cada actividade consta dunha ficha que pode ser empregada como material de apoio
no seu desenvolvemento. O seu formato (cartulina tamaño folio, a unha tinta) facilita
a súa copia para distribuír.
4. Xogo de Milu:
é a versión en formato de xogo de mesa do que ofrecemos nesta páxina.
Contén actividades relacionadas cos obxectivos da proposta, para aplicalas
dunha maneira diferente, podendo empregar dinámicas de xogo en grupo.
descarga
o material educativo
Indicacións para a aplicación da proposta na aula ou grupo:
A aplicación da proposta educativa Facendo
familias pode
levarse a cabo en base ás indicacións contidas na Guía
para Educadores.
Para o seu desenvolvemento, aconsellamos dedicar un
mínimo de dúas e
un máximo de catro sesións.
Está pensado
para poder aplicarse na aula sen necesidade
dunha adaptación ou preparación especial por parte
dos educadores*, e coa monitorización
destes; contarán co asesoramento do persoal de Meniños para
resolver todas as dúbidas que xurdan no seu desenvolvemento.
Levaranse
a cabo en calquera momento do curso, en función
das posibilidades e preferencias de cada grupo, e no momento
que encaixe mellor para o normal desenvolvemento académico.
Nas páxinas
9 a 13 da Guía,
baixo o título “Guía
para o traballo educativo”, atoparás unha descrición dos obxectivos
e ideas-forza da mesma e, a continuación:
1. Presentación e organización
xeral da proposta:
nas páxinas 9 e 10, ofrecemos unhas pautas para iniciar o
traballo na aula ou grupo, cos puntos fundamentais a
transmitir.
2. Actividades: descrición e pautas:
a continuación
(páxinas 10 a 13), centrámonos nas actividades que
conforman a proposta, informando de:
2.1 Fichas das actividades: cada actividade
estará descrita
individualmente, baixo o esquema descrito neste
apartado, e contará cunha
ficha de apoio para fotocopiar e distribuír individualmente
a cada neno. Esta descrición contará co título
da actividade; os temas relacionados (e referencias
aos apartados do caderno de consulta, o Anexo , que conteñen
información sobre estes); a descrición da mesma;
a duración estimada da súa aplicación; as
instrucións concretas para o seu desenvolvemento; aspectos
relevantes a ter en conta; e suxestións para elaborar material
que recolla as conclusións e achegas dos nenos, para a súa
posible incorporación á exposición O xardín.
2.2 Contidos: as actividades poden agruparse
en base a dous bloques principais, correspondentes aos obxectivos da proposta;
e dentro do primeiro, a varias categorías.
Aquí presentamos
un resumo dos mesmos.
2.3 Suxestións para a escolla das actividades: a limitación
dos tempos e sesións de traballo que poida ter cada grupo,
fará preciso priorizar e seleccionar algunhas das actividades.
Ofrecemos aquí unhas pautas para esta escolla.
2.4 Propostas concretas para o desenvolvemento: por último, ofrecemos unha proposta concreta de escolla e distribución das actividades, en función das sesións (2 ou 4) e das idades dos nenos.
* Isto é así para
facilitar a súa aplicación, e diminuír os tempos e
esforzos na preparación por parte dos educadores. Con todo, a adaptación
non só é posible, senón incluso aconsellable, naqueles
casos nos que as características do grupo ou dos seus compoñentes
así o fagan preciso, usando para iso toda a bagaxe de recursos técnicos
dos que dispoñedes os educadores/as no traballo cotiá. Con
todo, aconsellamos a súa
utilización ao redor de datas de especial relevancia, aproveitando
deste xeito para a súa conmemoración: Día do Neno (20/11),
Día da Paz (30/1), Día da Familia (15/5)...
Facendo Familias


