149 nenos e nenas participaron no Programa de Ocio Inclusivo e Apoio Educativo grazas á colaboración da Fundación Inocente, Inocente
O proxecto Ocio Inclusivo e Apoio Educativo Nenos e Nenas en Dificultade Social tivo como obxectivo garantir a igualdade de oportunidades no acceso a experiencias de ocio e de reforzo educativo a nenos e nenas en situación vulnerable. Grazas a estas actividades, os rapaces e rapazas ven favorecido o seu desenvolvemento socio-emocional e a adquisición de competencias e habilidades.
Ademais, este proxecto permitiu ás familias destes rapaces e rapazas empoderarse e conectar con outros recursos da súa comunidade, fomentándose así as súas capacidades parentais.
O apoio de Inocente, Inocente contribuíu a garantir a igualdade de oportunidades no acceso a experiencias de ocio educativo e reforzo escolar de 149 persoas de forma directa a través deste programa. Grazas á súa aportación económica estes nenos e nenas puideron cubrir os gastos das seguintes actividades entre abril do 2021 e abril do 2022:
- Actividades de carácter artístico-formativo
- Actividades de carácter lúdico-deportivo
- Actividades de carácter académico-formativo
- Actividades de carácter lúdico-familiar