Cada 9 de outubro conmemórase o Día do Terceiro Sector, unha data que recoñece o traballo das entidades sociais que o conformamos, xogando un papel esencial na defensa da igualdade e da xustiza social.
O descoñecemento por parte da cidadanía do noso traballo, sumado a unha certa sensación de baixa autoestima das profesionais que formamos parte do sector, levounos ao Grupo de Comunicación de EAPN Galicia a deseñar unha campaña que puxese en valor o labor das nosas entidades e do conxunto do Terceiro Sector.
As entidades que forman parte do Terceiro Sector de Acción Social son un axente máis do sistema de servizos sociais, de emprego, acceso a vivenda, sanidade, etc. Caracterízanse por unha atención individualizada e integral, poñendo o foco na persoa, respectando tempos de intervención e as súas casuísticas. O sistema de traballo nos servizos sociais, pola súa idiosincrasia, non posibilita esta atención centrada na persoa, como si o fan as entidades do Terceiro Sector.

A campaña #OrgulloTerceiroSector nace coa idea de recoñecer ás entidades sociais como axente esencial na loita contra a desigualdade e a defensa dos dereitos das persoas máis vulnerables.
Máis información e vídeos da campaña: