5 de maio. Día da Saúde Mental Materna

| |
Imaxe: freepik

No 2016 escolleuse o primeiro mércores de cada mes de maio para sensibilizar á comunidade mundial sobre a importancia da Saúde Mental Materna e os seus efectos e consecuencias sobre o benestar social futuro.

Durante o embarazo e a primeira crianza o benestar físico materno-infantil é tan importante como o coidado psicolóxico, e por tanto é prioritario destinar sempre máis recursos para a prevención, detección e tratamiento de posibles trastornos mentais perinatais, dentro do sistema de saúde pública.

Desde o Programa de Atención Perinatal a Nais en dificultade social da Fundación Meniños  sumámonos a esta celebración, moi conscientes da necesidade e do valor preventivo do apoio profesional  nesta etapa da vida da muller sempre e en especial cando as circunstancias persoais, familiares, sociais, económicas, que rodean a la diada nai – bebé engaden estrés a unha una situación xa de por si vulnerable. 

Unha pandemia mundial, como esta na que seguimos manexándonos, caracterízase por moita incertidume, medo e illamento, e polo tanto máis risco. A situación de alarma xerou protocolos preventivos de parto e de seguimento de embarazo que en ocasións non tiveron en conta coñecementos e beneficios xa asentados científicamente, como a importancia do acompañamento, as consecuencias da separación temperá nai – bebé, e os beneficios da lactancia materna.

Somos moitos os profesionais, sanitarios e non sanitarios, que atendemos ás mulleres na etapa Perinatal e só cun traballo coordinado, sensible e en Rede podemos facer prevención, dar luz ás necesidades e demandar máis recursos especializados públicos para a saúde do futuro. 

Nestas ligazóns podes atopar información e apoio:

Instituto Europeo de Salud Mental Perinatal

Asociación Española de Psicoloxía Perinatal

Sociedad Marcé Española

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *