Traballando para a construción dun futuro mellor
para a infancia e a adolescencia
Fundación Meniños, máis de 27 anos traballando polo bo trato á infancia e adolescencia
Somos unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada na protección da infancia e a adolescencia, cun traballo orientado a garantir o dereito que teñen nenos, nenas e adolescentes a vivir en familia.
Traballamos dende 1996 desenvolvendo programas de prevención e atención familiar en Galicia e Asturias, en colaboración coas administracións públicas e outras entidades.
Grazas ao apoio de moitas persoas, familias, institucións, empresas e colaboradores, en Meniños traballamos para que cada neno, nena e adolescente atope a seguridade e o afecto que so lle pode proporcionar unha contorna familiar.
Necesitámoste para o cambio
Experiencia e cercanía
Meniños conta cunha traxectoria de máis de 27 anos de traballo a prol da infancia
Programas de intervención
Proxectos educativos e preventivos
0
Nenos, nenas e adolescentes
0
Familias
0
Escolares
0
Escolas
0