
Levamos moito tempo aprendendo. Das nenas e dos nenos, das familias, das historias e situacións que nos traen ata aquí. E, sobre todo, aprendemos que a maneira de mirar o cambia todo.
Mirar á altura dos ollos dunha nena ou dun neno non é só unha postura. É unha forma de comprender, de respectar e de actuar desde o coidado.
Con Mirada é un espazo onde compartimos esa aprendizaxe. Aquí atoparás artigos escritos polo equipo de Meniños, pero tamén publicacións doutras persoas e organizacións que pensamos que paga a pena ler, sempre desde a nosa maneira de entender o traballo coa infancia, a adolescencia e as familias.
Que atoparás aquí?
- Artigos propios:
Reflexións do equipo de Meniños sobre o que vemos, o que aprendemos e o que nos invita a pensar.
- Publicacións seleccionadas:
Textos doutras organizacións e profesionais expertas que achegan novas perspectivas e coñecemento.
- Unha comunidade que pensa en común:
Cremos que o coñecemento non se garda: compártese. Por iso, este espazo tamén é teu.
Construímos este lugar con amor, con cariño e con “xeito”, como todo o que facemos en Meniños.