Recibimos un dos premios ConGaVe da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana
Vimos de recibir un dos premios ConGaVe, en concreto o que se outorga por parte da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.
Estes galardóns, que a Confederación Galega de Asociacións Veciñais entrega anualmente, recoñecen a traxectoria de persoas e entidades implicadas co movemento veciñal.
A edición deste ano tiña por lema “Crer no movemento veciñal”, e o acto de entrega, que tivo lugar en Lugo, foi presidido polo Fernando Rois, presidente de ConGaVe.
Queremos expresar a nosa satisfacción e agradecemento por este recoñecemento á nosa prolongada traxectoria e traballo en rede en favor da veciñanza da Coruña.
Ademais da Fundación Meniños foron homenaxeadas as seguintes persoas e entidades:
• Por parte da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana:
– Inés Rey García, alcaldesa da Coruña
• Por parte da Federación de Asociacións Veciñais ‘Lucus Augusti’, da provincia de Lugo:
– Carlos González Juanatey, xefe de cardioloxía do HULA.
– O C.D. Lugo e o seu presidente, Constantino Saqués Pereira.
• Por parte da Federación de Asociacións Veciñais ‘Limiar’, da provincia de Ourense:
– Comedor Social de Cáritas Diocesana de Ourense.
– Asociación Diabética Auria.
• Por parte da Federación de Asociacións Veciñais ‘Eduardo Chao’, de Vigo:
– Natalia Prieto Viso, directora xeral da Administración Local da Xunta de Galicia.
– Horacio Gil Expósito, alcalde de Arbo.
• Por parte de la Federación de Asociacións Veciñais ‘Roi Xordo’, de Ferrol:
– Rafael Pillado Lista, histórico político e activista ferrolán.
– Protección Civil de Ferrol.