Buscamos 2 profesionais da Psicoloxía para o Programa de Atención Perinatal con mulleres en situación de dificultade social

| |

Ubicación

  • 1 posto para Santiago e A Coruña                        
  • 1 posto para  Vigo

Ofrecemos

Estabilidade: Contrato indefinido a xornada completa (37,5h). 

Seguridade: Se non tes formación específica en psicoloxía perinatal non te preocupes, dispoñemos dun plan formativo para o desenvolvemento seguro e óptimo das tarefas propias do posto. Ademais temos establecida unha dinámica de traballo en equipo, de carácter colaborativo. 

Coidado: Dispoñemos dun plan de coidado ao persoal, entendendo os procesos de impacto da intervención terapéutica nas persoas traballadoras.

Máis: Flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo. Redución de xornada en período de verán (35h.)

Necesitamos

Grao en Psicoloxía:

  • Un mínimo de 4 anos de experiencia en intervención social e con persoas en risco de exclusión. 
  • Valorables coñecementos/experiencia en estimulación precoz do desenvolvemento infantil 0-3 años.
  • Habilidades para a intervención individual, familiar e grupal.
  • Habilidades para o traballo coa Rede de recursos da comunidade.
  • Unha mirada comprensiva cara as persoas participantes, que son as protagonistas do proceso interventivo.
  • Motivación no proceso de aprendizaxe.
  • Implicación no proxecto.

Propón a túa candidatura

Se valoras que estas son as túas fortalezas, animámoste a incorporarte ao noso equipo.

Envíanos o teu CV a vacantes@meninos.org  poñendo no asunto do mail “ATENCIÓN PERINATAL”  e ubicación de preferencia.

Data límite: 13 de xullo de 2024

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *