Buscamos profesional con grao ou licenciatura en Psicoloxía para o Programa de Intervención con Vítimas de Violencia de Xénero en Viveiro

TITULACIÓN REQUIRIDA: Grao ou Licenciatura en Psicoloxía

PERFIL:

  • 2 anos de experiencia en intervención con nenas, nenos e adolescentes
  • Formación en Violencia de Xénero

Valorarase:

  • Master en Psicoloxía Xeral Sanitaria ou Habilitación Sanitaria 
  • Formación específica en terapia familiar, EMDR, trauma 

OFRECEMOS:

Xornada: Contrato indefinido a xornada parcial (12 horas á semana)

Seguridade: Temos establecida unha dinámica de traballo en equipo, de carácter colaborativo, que facilitará o desenvolvemento seguro e óptimo das tarefas propias do posto, ademais de espazos de supervisión externa.

Coidado: Dispoñemos dun plan de coidado ao persoal, entendendo os procesos de impacto da intervención terapéutica nas persoas traballadoras.

Máis: Flexibilidade horaria e posibilidade de teletraballo.

Salario segundo Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores coas vantaxas sociais recollidas no Convenio colectivo da Fundación Meniños.

Propón a túa candidatura

Se valoras que estas son as túas fortalezas, animámoste a incorporarte ao noso equipo
Envíanos o teu CV a [email protected] poñendo no asunto “Convocatoria Vacante 04_2025“.

Manterase aberta ata o venres 4 de abril de 2025

Publicacións similares