Buscamos unha persoa para impulsar os proxectos de voluntariado

Buscamos unha persoa para impulsar os proxectos de voluntariado da Fundación Meniños en Galicia, realizando a programación dos proxectos, as actividades e encargándose da xestión do persoal voluntario.

A Fundación Meniños ten unha longa traxectoria de traballo para que a infancia e adolescencia medre en contextos de Bo Trato. A experiencia dinos que o traballo preventivo é a base para romper con patróns que xeren situacións potenciais de risco para a nosa infancia. Os proxectos de voluntariado da entidade están enfocados a reforzar este traballo preventivo.

NECESITAMOS

  • Titulación en Pedagoxía /Psicopedagoxía /Maxisterio con experiencia en proxectos de coordinación e acompañamento do voluntariado, e/ou acompañamento de nenos e nenas en actividades educativas.
  • Experiencia en planificación, organización e seguimento de proxectos socio-educativos.
  • Dispoñibilidade para viaxar.
  • Permiso de conducir e vehículo propio.


OFRECEMOS

  • Contrato: Indefinido a xornada completa (37,5 horas semanais).
  • Seguridade: Formarás parte dun equipo de profesionais e dispoñemos dun plan formativo para o desenvolvemento seguro e óptimo das tarefas propias do posto.
  • Coidado: Dispoñemos dun plan de coidado ao personal, entendendo os procesos de impacto da intervención social nas persoas traballadoras.
  • Remuneración: Salario según Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores coas vantaxes sociais recollidas no Convenio colectivo da Fundación Meniños.
  • A sede de traballo é na cidade da Coruña.

PROPÓN A TÚA CANDIDATURA

Se valoras que estas son as túas fortalezas, animámoste a formar parte do noso equipo.

Envíanos o teu currículum a vacantes@meninos.org poñendo no asunto do email “Convocatoria Vacante 15_2024”.

Manterase aberta ata o 30 de setembro de 2024.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *