Buscamos persoa xestora de voluntariado para A Coruña

Imaxe: Freepik
Posto: Xestión de Voluntariado
Titulación Requirida: Aberto a todas as titulacións da área social, pedagoxía, maxisterio, ciencias sociais, integración social, etc.
Tipo de contrato: Xornada parcial (25 horas semanais).
Requerimentos específicos:
- Experiencia en proxectos de coordinación e acompañamento de voluntariado e/ou acompañamento de nenos e nenas en actividades educativas.
- Experiencia de traballo no contexto escolar/tempo libre: obradoiros, actividades…
- Experiencia en planificación, organización e seguemento de proxectos socio-educativos.
- Coñecemento sobre os procesos de exclusión social e persoas en situación de pobreza.
- Permiso de Conducir e vehículo propio.
- Dispoñibilidade para viaxar.
Data prevista de incorporación: Inmediata
Centro de Traballo: A Coruña
Valorarase:
- Sensibilidade cara as problemáticas sociais
- Coñecemento do sistema educativo
Recepción de curricula: direccion.equipos@meninos.org (deberá indicarse no asunto “Vacante 20_2023).
Data límite: 13/09/2023