Buscamos persoal técnico en deseño gráfico. Únete ao equipo de Meniños!

POSTO OFERTADO: Deseñadora/Deseñador Gráfico
TITULACIÓN MÍNIMA REQUIRIDA: Técnico Superior en Deseño Gráfico ou titulación análoga
XORNADA LABORAL: parcial 75% xornada
DURACIÓN PREVISTA PARA A RELACIÓN LABORAL: Un ano
REQUERIMENTOS:
- 1 ano de experiencia laboral
- Coñecemento avanzado Paquete Adobe Creative Suite e ferramentas online para a deseño e maquetación
- Coñecementos de deseño web e multimedia
- Coñecementos de edición audiovisual
- Manexo de Redes Sociais
- Dominio da lingua galega (CELGA 4)
- Imprescindible estar dada de alta coma demandante de emprego
DATA INCORPORACIÓN: Inmediata
UBICACIÓN POSTO: A Coruña
VALORARASE:
- Achega de portfolio de traballos
- Coñecementos de fotografía
- Dinamismo, capacidade de aprendizaxe e adaptación
- Habilidades para o traballo en equipo
- Habilidades comunicativas
- Aliñamento cos valores da entidade
CONTACTO ENVÍO CURRICULUM:
vacantes@meninos.org
Deberá indicarse no asunto “Convocatoria Deseño Gráfico”
DATA LÍMITE PARA RECEPCIÓN DE CURRICULA: 25/11/2022