Buscamos persoal técnico en intervención para o Punto de Encontro Familiar de Pontevedra

Titulación ou titulacións requiridas: Grao ou Licenciatura en Traballo Social ou Educación Social
Tipo de contrato:
– Indefinido a tempo parcial (14,5 h.)
– Xornada flexible/adaptable
– Por esixencias do programa que se xestiona, traballarase as fins de semana
Requerimentos específicos:
– 2 anos de experiencia en intervención con familias e infancia en dificultade social
– Formación acreditada en igualdade e en intervención con infancia e familia
– Certificado negativo de delictos de natureza sexual
Data de inicio prevista para a incorporación: Inmediata
Valorarase:
- Identificación coa visión, a misión e os valores da organización, iniciativa, adaptación ao cambio, orientación a resultados.
- Coñecemento da rede de recursos comunitarios e o sistema de protección á infancia
- Experiencia de traballo en equipo
- Experiencia de traballo con procedementos axustados a normas de calidade
DATOS PARA ENVÍO DE CURRICULUM*
Último día de recepción de curricula: 27/07/2021
Contacto para envío de curricula: coordinacion.pef.pontevedra@meninos.org
*Deberá indicarse no asunto “Convocatoria Vacante 18_2022”.