Buscamos persoal técnico para proxecto de abordaxe da pobreza infantil en Pontevedra

Titulación requirida: Titulación universitaria no ámbito social: (Educación Social, Traballo Social, Psicoloxía, etc.)
Xornada laboral: Contrato indefinido a xornada completa
Requerimentos específicos:
- Experiencia en intervención con familias e infancia en dificultade social
- Experiencia en acompañamento psicosocial, apoio educativo e apoio para acceso a servizos comunitarios
- Coñecemento da rede de recursos comunitarios dos programas, recursos e trámites de apoio á inclusión social.
- Experiencia en formatos de traballo grupal (educación familiar, competencias familiares, apoio educativo).
- Formación complementaria en intervención familiar.
- Carnet de conducir e vehículo propio.
Data de inicio prevista para a incorporación: 13/06/2022
Centro de traballo: Pontevedra
Valorarase:
– Experiencia de traballo en equipo
– Experiencia de traballo con procedementos axustados a normas de calidade
DATOS PARA ENVÍO DE CURRICULUM
Último día de recepción de curricula: 10/06/2021
Envío de curricula: vacantes@meninos.org
*Deberá indicarse no asunto “Convocatoria Vacante 13_2022”