Buscamos profesional da Psicoloxía para a nosa delegación en Asturias. Únete ao equipo de Meniños!

Titulación requirida.
Grao / Licenciatura en Psicoloxía:
Duración prevista para a relación laboral: Substitucións en períodos de baixa e vacacións.
Xornada Laboral: Completa.
Localización centro de traballo: Oviedo.
Requerimentos específicos debido ao tipo de contrato:
- 2 anos de experiencia en programas e protección á infancia e en acollemento e adopción (valorable).
- 150 horas de formación específica acreditada en terapia familiar.
- Colexiación no Colexio Oficial de Psicoloxía.
- Permiso de conducir e vehículo propio.
- Certificado negativo de delictos de natureza sexual.
Valorarase:
- Formación específica en intervención familiar
Enviar currículum a: delegacion.asturias@meninos.org. Deberá indicarse no asunto “Candidatura Bolsa de Emprego Asturias”