Buscamos profesional da psicoloxía para o equipo de Intervención Familiar de Vigo
Buscamos profesional con Grao en Psicoloxía para Programa de Integración Familiar con familias con nenos, nenas e adolescentes en contextos de desprotección e/ou dificultade.
A Fundación Meniños ten una longa traxectoria de traballo para que a infancia e adolescencia medre en contextos de Bo Trato. A experiencia dinos que o traballo preventivo é a base para romper con patróns que xeren situacións potenciais de risco para a nosa infancia. En coherencia con esta afirmación, xestionamos o Programa de Integración Familiar da Xunta de Galicia, destinado a acompañar ás familias na recuperación das súas habilidades protectoras evitando a separación dos nenos, nenas e adolescentes do seu contorno. Se o teu modelo de traballo se basea nunha mirada apreciativa e a alianza coas personas e as súas circunstancias, este é o teu lugar.
Se queres saber máis sobre como a Fundación Meniños entende a intervención nesta área, non dubides en entrar en https://meninos.org/que-facemos/programas-intervencion-familiar/intervencion-familiar-especializada/
NECESITAMOS
- Grao en Psicoloxía.
- Motivación no proceso de aprendizaxe e capacidade de adaptación.
- Experiencia en intervención familiar e con nenos, nenas e adolescentes.
- Habilidades para o traballo coa Red de recursos da comunidade.
- Valoramos formación en Sistémica, Trauma, Mentalización, Apego.
OFRECEMOS
Oportunidade: Intervir desde un modelo de traballo baseado en evidencias científicas que aplica teorías e ferramentas prácticas enfocadas no Bo trato e coidado das persoas.
Seguridade: Formarás parte dun equipo de profesionais e dispoñemos dun plan formativo para o desenvolvemento seguro e óptimo das tarefas propias do posto.
Coidado: Dispoñemos dun plan de coidado ao persoal, entendendo os procesos de impacto da intervención social nas persoas traballadoras.
Remuneración: Salario segundo Convenio Colectivo Estatal de Reforma Juvenil y Protección de Menores coas vantaxes sociais recollidas no Convenio Colectivo da Fundación Meniños.
A sede de traballo é na cidade de Vigo pero o proxecto é provincial, polo que levarás casos en toda a provincia.
PROPÓN A TÚA CANDIDATURA
Se valoras que estas son as túas fortalezas, animámoste a formar parte do noso equipo.
Envíanos o teu currículum a vacantes@meninos.org poñendo no asunto do email “Convocatoria Vacante 16_2024”
Manterase aberta ata o martes 25 de setembro de 2024.