Buscamos unha persoa con grao en Educación Social para Intervención Familiar no noso equipo da Coruña

|

Buscamos unha persoa con Grao en Educación Social para o Programa de Integración Familiar, no que se traballa con familias con nenos, nenas e adolescentes en contextos de desprotección e/ou dificultade.

A Fundación Meniños ten una longa traxectoria de traballo para que a infancia e adolescencia medre en contextos de Bo Trato. A experiencia dinos que o traballo preventivo é a base para romper con patróns que xeren situacións potenciais de risco para a nosa infancia. En coherencia con esta afirmación, xestionamos o Programa de Integración Familiar da Xunta de Galicia, destinado a acompañar ás familias na recuperación das súas habilidades protectoras evitando a separación dos nenos, nenas e adolescentes do seu contorno. Se o teu modelo de traballo se basea nunha mirada apreciativa e a alianza coas personas e as súas circunstancias, este é o teu lugar. 

Se queres saber máis sobre como a Fundación Meniños entende a intervención nesta área, non dubides en entrar en https://meninos.org/que-facemos/programas-intervencion-familiar/intervencion-familiar-especializada/

NECESITAMOS

  • Grao en Educación Social.
  • Motivación no proceso de aprendizaxe e capacidade de adaptación. 
  • Experiencia en intervención familiar e con nenos, nenas e adolescentes. 
  • Habilidades para o traballo coa Red de recursos da comunidade.
  • Valoramos formación en Sistémica, Trauma, Mentalización, Apego.

OFRECEMOS

Oportunidade: Intervir desde un modelo de traballo baseado en evidencias científicas que aplica teorías e ferramentas prácticas enfocadas no Bo trato e coidado das persoas.

Seguridade: Formarás parte dun equipo de profesionais e dispoñemos dun plan formativo para o desenvolvemento seguro e óptimo das tarefas propias do posto. 

Coidado: Dispoñemos dun plan de coidado ao persoal, entendendo os procesos de impacto da intervención social nas persoas traballadoras.

Remuneración: Salario segundo Convenio Colectivo Estatal de Reforma Juvenil y Protección de Menores coas  vantaxes sociais recollidas no Convenio Colectivo da Fundación Meniños.

A sede de traballo é na cidade da Coruña pero o proxecto é provincial, polo que levarás casos en toda a provincia.

Tipo de contrato: Sustitución por baixa maternal.

PROPÓN A TÚA CANDIDATURA

Se valoras que estas son as túas fortalezas, animámoste a formar parte do noso equipo.

Envíanos o teu currículum a vacantes@meninos.org poñendo no asunto do email “Convocatoria Vacante 01_2025”.

Manterase aberta ata o venres 7 de febreiro de 2025.  

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *