Buscamos profesional da psicoloxía para o Espazo de Preservación Familiar de Vilagarcía

|

DESCRICIÓN DO POSTO: Buscamos profesional con Grao en Psicoloxía para o Espazo de Preservación Familiar de Vilagarcía de Arousa. 

Traballo con familias con nenos, nenas e adolescentes en contextos de desprotección e/ou dificultade.

OFRECEMOS:

Oportunidade: Intervir desde un modelo de traballo baseado en evidencias científicas que aplica teorías e ferramentas prácticas enfocadas no Bo Trato e codado das persoas.

Seguridade: Formarás parte dun equipo de profesionais e dispoñemos dun plan formativo para o desenvolvemento seguro e óptimo das tarefas propias do puesto. 

Coidado: Dispoñemos dun plan de coidado ao persoal, entendendo os procesos de impacto da intervención social nas persoas traballadoras.

Remuneración: Salario segundo Convenio Colectivo Estatal de Reforma Juvenil y Protección de Menores 

Contrato: Indefinido a tempo completo (38,5 horas semanais) para cubrir unha baixa de paternidade distribuída en dous ciclos cun intervalo de tempo no medio.

REQUERIMENTOS:
– Grao en Psicoloxía.
– Motivación no proceso de aprendizaxe e capacidade de adaptación. 
– Experiencia en intervención familiar e con nenos, nenas e adolescentes. Habilidades para o traballo coa Rede de recursos da comunidade.

DATA INCORPORACIÓN: Inmediata

CONTACTO ENVÍO CURRICULUM: coordinacion@arelameninos.org indicando no asunto “Convocatoria Vacante Psicoloxía”.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *