Fundacion Meniños

Buscamos voluntariado para o proxecto educativo AXIA

 

En que consiste? As persoas voluntarias apoiarán obradoiros e actividades socioeducativas en centros escolares, acompañando o alumnado, dinamizando grupos e promovendo espazos participativos, inclusivos e seguros.

A quen buscamos? Persoas comprometidas, responsables e con interese na infancia e na adolescencia, que teñan habilidades de comunicación e ganas de implicarse nun proxecto con impacto social real.

 Requerimentos:

  • Ser maior de idade
  • Dispoñibilidade para acudir a centros escolares en horario de mañá

Únete á alianza AXIA polo bo trato enviando este formulario.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.