Cada familia é diferente. Fai a túa!

A palabra “familia” conta con dez entradas na Real Academia Española e seis na Galega. Son familia as persoas emparentadas entre si, pero tamén as relacionadas por amizade ou trato, ou as que comparten condicións ou opinións comúns. 

Esta amplitude de significados coincide coa diversidade familiar existente, que fai máis oportuno falar de “familias”. 

Neste día de celebración queremos reivindicar a todos os modelos de familia, e invitámosvos a imaxinar diferentes composicións cos nenos e nenas por medio destes recortables para representalas e contar historias sobre elas. 

Dádelle ao maxín a ver cantos modelos de familia se vos ocorren! Descarga os recortables (en PDF) que preparamos aquí:

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *