Fundacion Meniños

Catro anos despois da aprobación da Lei Orgánica de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia (LOPIVI), a súa implantación continúa sendo desigual e insuficiente, segundo o segundo informe de seguimento da Plataforma de Infancia. Aínda que se lograron avances importantes, persisten carencias na súa aplicación real.

 

A lei representou un paso histórico para protexer os dereitos de nenos, nenas e adolescentes fronte a toda forma de violencia. Con todo, o descoñecemento da lei entre os nenos, nenas e adolescentes é xeralizado: moitos non identifican situacións de violencia nin saben como pedir axuda. Isto evidencia a urxencia de reforzar a información, a formación, a sensibilización e a presenza de figuras de protección claras e accesibles en todos os ámbitos da súa vida.

 

Catro anos da LOPIVI: avances insuficientes e desafíos por acadar

 

A nivel estatal, seguen a faltar ferramentas clave, como rexistros fiables de casos de violencia, esenciais para orientar políticas públicas. Os cambios en materia de xustiza foron limitados: só tres comunidades autónomas contan con seccións xudiciais especializadas en violencia contra a infancia, e algúns casos seguen derivándose a seccións non especializadas, o que reflicte a falta dunha integración plena da perspectiva de dereitos da infancia.

 

No ámbito autonómico, o desenvolvemento da LOPIVI é desigual, especialmente nos centros de protección, onde a vulnerabilidade dos nenos e nenas en tutela require medidas reforzadas. A creación de protocolos específicos continúa sendo excepcional, e a figura de referente de protección aínda non se implantou de forma efectiva. Esta desigualdade tamén afecta á educación, ao deporte, ao ocio e ao tempo libre.

 

As entidades que traballamos por la infancia demandamos unha aplicación efectiva e real da LOPIVI, que garanta que todos os nenos, nenas e adolescentes poidan gozar dunha infancia libre de violencia en calquera territorio do noso país. Non basta con aprobar leis se estas non se traducen en medidas concretas, coordinadas e visibles: é imprescindible contar con protocolos claros, figuras de protección accesibles, formación especializada para profesionais e mecanismos fiables de seguimento que aseguren a protección integral da infancia. A desigualdade na implantación da lei é inaceptable e debe corrixirse de inmediato para que os dereitos dos menores non queden no papel sen respaldo na vida real.

 

Descarga o informe completo da Plataforma de Infancia : https://www.plataformadeinfancia.org/documento/cuatro-anos-de-la-lopivi-principales-avances-y-retos/

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.