Celebramos 25 anos de traballo pola infancia e polas familias

Quixemos adicar o día tan especial para Meniños a seguir aprendendo e compartindo arredor do obxectivo que é a nosa razón de ser; o benestar das familias.

Na celebración do noso 25 Aniversario tivemos a sorte de contar coa participación de catro profesionais que compartiron a súa experiencia con Meniños dende diferentes enfoques da protección á infancia: – Valentín Escudero. Doutor en Psicoloxía – María José Rodrigo. Psicóloga – Íñigo Martínez de Mandojana. Psicopedagogo e Educador Social – Anabel González. Psiquiatra e Psicoterapeuta Queremos expresarlles o noso agradecemento por facer que fora unha xornada enriquecedora e que nos inspira para seguir traballando polos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *