Coidando a Saúde Mental Materna

coidando a saúde mental materna
imaxe: freepik

“Para criar a un neno fai falta una tribo enteira”.

Proverbio africano

As persoas somos seres sociais. No mundo no que vivimos -veloz, frenético- apenas temos opción de pararnos a ver que necesitamos nin tampouco nos sentimos na posición de pedir axuda a outras persoas.

Antigamente (e actualmente en sociedades menos individualistas) o embarazo e a crianza eran un evento no que participaba a sociedade no seu conxunto. Os beneficios eran innumerables: hai unha cultura da crianza común, existe apoio emocional e físico para a nai que está a transitar un período tan vulnerable, hai un acompañamento nas emocións.

A individualidade actual provoca que moitas nais non teñan ese espazo no que sentirse acompañadas, onde poder expresar libremente, sen verse xulgadas, como se senten con respecto a todos os cambios físicos, psicolóxicos e emocionais que están a vivir e que implican inevitablemente cambios permanentes  na súa rutina. É esencial que as nais se sintan escoitadas para previr posibles dificultades futuras. 

Tamén o é que a sociedade adique tempo a poñer un ollo na infancia. Coidar da saúde emocional dos nenos hoxe (sempre en relación coa súa familia) vai favorecer unha sociedade futura máis sa, altruísta e empática. 

Coidar a infancia é coidar a saúde mental.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *