Legados e herdanzas
O testamento solidario
Deixar escritos os teus desexos de legar, máis aló da vida, supón un grande acto de xenerosidade e solidariedade e é, ademais, un modo de manter vivas as túas propias decisións, ideas e valores, os que sempre te definiron.
Se decides destinar o teu legado a Meniños, estarás axudando a que, cada ano, centenares de nenos, nenas e adolescentes vexan cumprido o seu dereito a medrar en familia, nun vínculo de protección e afecto.
Ademais, estarás dándolle continuidade ao teu desexo de transformar o mundo, a través de iniciativas para unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Coa túa axuda, e a través dos teus legados e herdanzas, os nenos e nenas herdarán un mundo onde poder medrar protexidos, apoiados e felices. Onde medrar sorrindo.
Preguntas frecuentes acerca dos legados e herdanzas:
Interésache? Ponte en contacto con nós
Asesorámoste para que poidas cumprir os teus desexos, de maneira efectiva e cunha total confidencialidade.
Chámanos ao 981 269 955
Escríbenos a comunicacion@meninos.org
Imaxinas prolongar o teu compromiso social e seguir axudando a darlle continuidade a tódolos nosos proxectos?