Fai voluntariado
Meniños considera o voluntariado como unha expresión cidadá de compromiso altruísta que contribúe a xerar cambios positivos na infancia e a adolescencia en dificultade social.
O Plan de Voluntariado de Meniños adáptase ás novas necesidades relacionadas cos programas que xestionamos.
Este plan responde ao compromiso asumido polo nosa organización de fomentar a participación da sociedade nos nosos proxectos, considerándoo unha oportunidade para canalizar os desexos de moitas persoas de poder axudar e traballar pola igualdade de tódolos nenos, nenas e adolescentes no cumprimento dos seus dereitos.
- Onde podes realizar o teu voluntariado?
As persoas voluntarias poden realizar as súas tarefas en calquera das nosas delegacións, dentro dos seguintes ámbitos de actuación:
Intervención familiar: apoio ás actividades complementarias no traballo con nenos, nenas e adolescentes, e as súas familias.
Sensibilización e promoción dos dereitos da infancia: apoio na realización de campañas e actividades de comunicación.
- Que che ofrecemos en Meniños?
1. Unha oportunidade de integrar novos coñecementos e competencias, e de aprender e formarte, acorde ás túas necesidades e ás de Meniños.
2. A oportunidade de formar parte dunha gran familia e de ser axente de cambio social, traballando directamente con e para as personas.
3. Transparencia e información sobre como traballamos en Meniños en protección á infancia e á adolescencia.
4. O respaldo do equipo humano de Meniños en todo momento.
5. Seguro que cobre tódalas accións realizadas no marco do voluntariado na Fundación.
6. Unha certificación que acredite o teu labor voluntario en Fundación Meniños.
Ponte en contacto con nós no 981 269 955 ou no correo electrónico voluntariado@meninos.org
Date de alta na nosa base de datos
"(Obrigatorio)" sinala os campos obrigatorios