Legados e herdanzas

imaxe: pexels.com

O testamento solidario

Deixar escritos os teus desexos de legar, máis aló da vida, supón un grande acto de xenerosidade e solidariedade e é, ademais, un modo de manter vivas as túas propias decisións, ideas e valores, os que sempre te definiron.

Se decides destinar o teu legado a Meniños, estarás axudando a que, cada ano, centenares de nenos, nenas e adolescentes vexan cumprido o seu dereito a medrar en familia, nun vínculo de protección e afecto.

Ademais, estarás dándolle continuidade ao teu desexo de transformar o mundo, a través de iniciativas para unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Coa túa axuda, os nenos e nenas herdarán un mundo onde poder medrar protexidos, apoiados e felices. Onde medrar sorrindo.

Preguntas frecuentes legado solidario:

A herdanza é o total de bens, dereitos e obrigas que permanecen tralo falecemento dunha persoa e se divide en tres partes iguais:

  • A lexítima, que é 1/3 da herdanza que lle corresponde aos herdeiros forzosos, sempre que existan, a partes iguais.
  • O terzo de mellora, tamén destinado aos herdeiros forzosos, aínda que se pode repartir como se estime oportuno.
  • E, por último, o terzo de libre disposición, que pode ir destinado non so aos herdeiros senón tamén a calquera outra persoa física ou xurídica.

O legado afecta a esta última parte do patrimonio que non corresponde obrigatoriamente aos herdeiros forzosos e consiste en atribuír un ben concreto a una ou varias persoas ou institucións. Do mesmo xeito, os herdeiros ou herdeiras nunca se verán afectados.

  • Aberto: Expresión oral ou escrita das túas últimas vontades ante notario. Pódese modificar e actualizar en calquera momento, de maneira confidencial.
  • Hológrafo: Expresión persoal escrita das túas últimas vontades sen que sexa cualificada polo notario, datada e firmada. Hai que iniciar un proceso notarial para:
    • verificar a firma
    • cualificar que é o último testamento
  • Pechado: O testamento firmado entrégase ao notario nun sobre pechado.

Facer un testamento é un procedemento sinxelo que custa uns 40 €. Ademais, pódese cambiar sempre que o desexes e cantas veces o necesites, de maneira confidencial.

Podes legar unha cantidade fixa de diñeiro ou establecer unha porcentaxe sobre o valor total do teu patrimonio. Tamén é posible facer doacións en especie (bens inmobles, un coche, obras de arte, xoias, etc.)

O teu legado axudaranos a cumprir a nosa misión e a traballar polos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes en situación de dificultade social, contribuíndo a xerar cambios que propicien un ambiente familiar de seguridade e afecto que os axude a medrar protexidos.

Interésache? Ponte en contacto con nós

Asesorámoste para que poidas cumprir o teu desexo de maneira efectiva e con total confidencialidade.

Chámanos ao 981 269 955

Escríbenos a comunicacion@meninos.org

Imaxinas prolongar o teu compromiso social e seguir axudando a darlle continuidade a tódolos nosos proxectos?