Usa as túas tarxetas ONG

imaxe: pexels.com

Nalgunhas entidades bancarias podes escoller a que ONG apoiar a través do uso da túa tarxeta de débito ou de crédito, segundo as túas necesidades.

Desta forma, os clientes destas entidades poden colaborar con distintos fins sociais sen que isto supoña custe adicional.

Se te interesa, podes preguntar no teu banco ou caixa como colaborar coa nosa ONG usando simplemente a túa tarxeta.

Programa tarxetas ONG de Caixabank

Co obxectivo de conseguir fondos que nos permitan seguir desenvolvendo o noso traballo, en Meniños unímonos ás entidades beneficiarias do Programa ONG de Caixabank. Só con utilizar a Tarxeta ONG de Caixabank, no pago das túas compras en comercios, estarás axudando a que o noso traballo sexa mellor cada día.

É moi sinxelo: solicita na túa oficina Caixabank ou en caixabank.es a Tarxeta ONG e indica que desexas que sexamos nós os beneficiarios. Así, cada vez que utilices esta tarxeta para pagar en comercios, a metade dos beneficios que Caixabank obteña irán destinados aos programas que desenvolvemos en Meniños.

Desta maneira, estaranos axudando a facer realidade o dereito de todos os nenos, nenas e adolescentes a medrar nunha familia en condicións plenas de seguridade e afecto.

Programa Tarxetas ONG Caixabank