O dereito ao xogo dos nenos e nenas

|
El derecho al juego

Que é o dereito ao xogo? 

O dereito ao xogo é máis que permitir que os nenos e nenas se divirtan. É recoñecer a súa necesidade intrínseca de explorar, aprender e socializar a través desta actividad. É o recoñecemento de que o xogo non é simplemente un pasatempo, senon unha ferramenta vital para o desenvolvemento integral da infancia que fomenta a aprendizaxe en diversas áreas. A través do xogo, os nenos e nenas desenvolven habilidades cognitivas, emocionais, sociais e físicas de maneira natural. Cada actividade lúdica convírtese nunha oportunidade de crecemento e descobremento.

Antecedentes do dereito ao xogo infantil

A defensa do dereito ao xogo non é un fenómeno recente. Xa no século XVIII, o pedagogo alemán Friedrich  Froebel destacou a importancia do xogo como unha actividade central na aprendizaxe temperá. El cría que xogar permitía aos nenos e nenas expresar os seus pensamentos e emocións, fomentando así un desenvolvemento equilibrado. Jean Piaget, por citar outro exemplo máis recente, defendeu nos anos 60 o papel crucial do xogo no desenvolvemento cognitivo, clasificándoo incluso en distintas etapas e destacando a súa relevancia en cada fase da aprendizaxe infantil. Figuras como Froebel ou Piaget inspiraron a concepción contemporánea do dereito ao xogo, e sentaron as bases para o seu recoñecemento como un dos dereitos fundamentais da infancia.

Artigo 31 da Convención sobre os Dereitos da Infancia da ONU

A primeira referencia ao dereito ao xogo no Dereito Internacional Público atopámola na Declaración dos Dereitos da Infancia, proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en novembro de 1959. O principio 7 deste documento prescribe que os nenos e nenas deben disfrutar plenamente de xogos e recreacións, que estarán orientados cara aos fins perseguidos pola educación.
Pero non foi ata 1989 cando o dereito ao xogo se recolle como un dereito fundamental na Convención sobre os Dereitos da Infancia, aprobada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas. No seu artigo 31, o texto expón o seguinte:

Os Estados Partes recoñecen o dereito do neno ao descanso e ao esparexemento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade e a participar libremente na vida cultural e nas artes.

Os Estados Partes respetarán e promoverán o dereito do neno a participar plenamente na vida cultural e artística e propiciarán oportunidades apropiadas, en condicións de igualdade, de participar na vida cultural, artística, recreativa e de esparexemento.

Ao recoñecer o dereito ao xogo, a Convención busca garantir que os nenos e nenas teñan tempo e oportunidades axeitadas para participar en actividades que contribúan ao seu benestar físico, emocional, social e cognitivo.

Ademais, o artigo 31 fai fincapé na igualdade de oportunidades, suliñando que os Estados Partes deben asegurar que todos os nenos e nenas teñan acceso a experiencias culturais, artísticas e recreativas en condicións equitativas, sen discriminación.

Este recoñecemento do dereito ao xogo na CDI reflexa a comprensión global de que o xogo non é só unha actividade recreativa, senon un aspecto crucial do desenvolvemento infantil. Ao brindarlles a oportunidade de xogar, explorar e participar en actividades recreativas, se fomenta o seu crecemento integral e se respeta o seu dereito a unha infancia plena e saudable.

O xogo como dereito humano: entendendo a súa profundidade

Ás veces, o xogo minimízase como unha actividad superficial, pero a súa importancia vai máis aló da diversión. É a través do xogo que se constrúen relacións, se desnvolven habilidades sociais e se establece un sentido de identidade. Desmitificar o papel do xogo é esencial para recoñecer o seu profundo impacto na vida da infancia.

O papel das persoas adultas

O recoñecemento do dereito ao xogo implica unha responsabilidade compartida. As persoas adultas, desde pais e nais ata educadores, educadoras e figuras políticas, teñen a responsabilidade de crear entornos propicios para o xogo. Isto non só implica proporcionar xoguetes, senon tamén tempo, espazo e apoio para que os nenos e nenas exploren a súa creatividade e deselvolvan a súa autonomía.

A importancia de xogar para a saúde mental

O dereito ao xogo tamén está intrínsecamente vinculado á saúde mental da infancia. Xogar libera tensións, estimula a creatividade e proporciona un espazo seguro para expresar emocións. Nun mundo onde as presións e expectativas poden abrumar aos máis pequenos e pequenas, o xogo eríxese como un refuxio vital.

A inclusividade no dereito a xogar e divertirse

É crucial abordar a inclusividade no dereito ao xogo. Cada neno e nena, independentemente do seu xénero, habilidades ou entorno socioeconómico, ten o dereito inherente a xogar. Fomentar a diversidade nos xogos e garantir o acceso equitativo é esencial para construir sociedades máis xustas e equitativas.

Desafíos do dereito ao xogo e propostas de acción

A pesar de que a declaración da Convención sobre os Dereitos da Infancia é clara neste punto, existen desafíos significativos que afectan á garantía do dereito ao xogo infantil. A falta de espazos seguros, los entornos de risco, a presión académica excesiva e as desigualdades socioeconómicas son só algúns dos obstáculos que impiden a algúns nenos e nenas disfrutar plenamente deste dereito.

Ante esta situación, fanse imprescindibles iniciativas que faciliten o acceso a espazos lúdicos nos primeiros anos de vida. O noso proxecto Cancha nace precisamente con este obxectivo: o de poñer ao alcance de nenos, nenas e adolescentes a espazos deportivos e de ocio nos que medrar xogando en compañía de persoas adultas de referencia, ademais de promover experiencias de Bo Trato a través da práctica deportiva e de ocio. Para isto, contamos cunha rede de empresas, entidades e voluntariado para a infancia que facilitan dinámicas positivas de interacción, sempre segundo os principios de versatilidade, diversidade, participación e xénero.

Porque o dereito ao xogo non é un antollo; é un elemento vital para o desenvolvemento saudable da infancia. Ao recoñecer a súa importancia, comprometémonos a construir un futuro onde cada neno e nena teña a oportunidade de disfrutar plenamente deste dereito humano. A través da conciencia, a acción e o compromiso colectivo, podemos garantir que o xogo siga sendo unha parte integral da experiencia infantil, promovendo así sociedades máis saudables e resilientes.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *