18 de novembro, Día Contra o Abuso Sexual Infantil. Programa “A Árbore da Vida”
![](https://meninos.org/wp-content/uploads/2024/11/tempImageKXJhLx-scaled.jpg)
O abuso sexual a persoas menores de idade é unha violación dos Dereitos humanos que ten graves consecuencias para a saúde a curto e longo prazo.
Desde o Programa de Intervención con Nenos, Nenas e Adolescentes Vítimas de Abuso Sexual estamos a desenvolver un proxecto de estudo dirixido á adaptación, implementación e Avaliación dun programa de intervención de carácter grupal, A Árbore da Vida.
Este programa pon o foco nas fortalezas e recursos internos da persoa, desde unha mirada relacional, social, cultural e comunitaria.
O obxectivo é poder mellorar o noso traballo á hora de abordar as dificultades psicolóxicas, emcionais e relacionais consecuencia do abuso sexual.
Esta iniciativa apoia o compromiso recollido na axenda de Desenvolvemento Sustentable 20230 para a protección dos Dereitos dos nenos e nenas desde o obxectivo número 3 (saúde e benestar).
O equipo terapéutico do programa presentou os resultados preliminares desta experiencia no I Congreso Internacional AETEN-ASEPCO: Construyendo narrativas, narrando construcciones, celebrado en Madrid o pasado mes de outubro.
Este programa desenvólvese a través dun concerto social coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.