Día do Libro, achégate á literatura infantil con estas recomendacións
Durante toda a semana difundimos nas redes sociais as recomendacións e recordos lectores dunha parte do noso equipo e nun día como hoxe queremos seguir ampliando horizontes para que atopedes novas lecturas para compartir en familia. Achegamos unha selección de perfís que divulgan contido sobre literatura infantil e xuvenil, con recensións moi útiles á hora de ampliar a biblioteca da casa. Animámosvos a investigalas cos nenos e nenas para atopar novos mundos nos que somerxerse. Feliz día do libro e moi felices lecturas en familia!
La cuentería respetuosa
Esta páxina web, que tamén ten presenza en redes sociais, recomenda e vende libros de literatura infantil baseados na crianza respectuosa. Ademais de expor a trama, amosa de cada libro o contido, valores, o “para que” e o “para quen”, cunha análise moi útil para coñecer polo miúdo cada unha das obras presentadas
Web: https://www.lacuenteriarespetuosa.com/
Instagram: https://www.instagram.com/literaturarespetuosa/
Facebook: https://www.facebook.com/Lacuenteria/
Youtube: https://www.youtube.com/channel/UClsh5bN5FPmqpoGz7H08AAQ
Pinterest: https://www.pinterest.es/lacuenteria/
Las lecturas del gato
Este é a canle da librería “El gato de Cheshire” na que se ofrecen recomendacións para nenos, nenas e adolescentes, con recensións de libros, vídeos sobre temáticas concretas, retos literarios, mellores lecturas… Teñen presenza en varias redes sociais, incluíndo unha simpática conta gatuna onde Zazpi é protagonista.
Web: http://www.librotecaelgatodecheshire.es/
Blog: http://laslecturasdelgato.blogspot.com/
Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCXpSZ4UbLMVsG9cC4hdpcFQ
Twitter: https://twitter.com/cheshirelibrotk
Facebook: https://www.facebook.com/people/Libroteca-El-Gato-de-Cheshire/100064488440673/?pnref=lhc
Instagram: https://www.instagram.com/librotecaelgatodecheshire/?hl=es
Instagram gatuno: https://www.instagram.com/laslecturasdelgato
Pinterest: https://www.pinterest.es/decheshire/
Goodreads: https://www.goodreads.com/review/list/52665853-karol-libroteca-el-gato-de-cheshire
Pekeleke
Esta web está creada por unha familia apaixonada pola literatura, onde comparten libros para nenos, albumes ilustrados, cómics e materiais de divulgación. Ademais de recensións e recomendacións, tamén contan con recompilacións temáticas
Web: https://pekeleke.es/
Instagram: https://www.instagram.com/pekeleke.es/?hl=es
Libros para peques
A periodista e escritora Silvia García comparte nesta conta de Instagram recomendacións lectoras, recompilatorios ou sorteos.
Instagram: https://www.instagram.com/librosparapeques/?hl=es
La estación azul de los niños (LEAN)
Un podcast de RTVE (Radio 5) para toda a familia, no que se narran historias, se recomendan contos, cóntanse curiosidades culturais e proponse xogos para os nenos e nenas. A autora, Noemí Martínez Tévar tamén entrevista a autores e autoras, facendo un programa didáctico e ameno.
https://www.rtve.es/play/audios/la-estacion-azul-de-los-ninos/
La pequeteca
Este podcast, tamén de RTVE, está dirixido a un público adulto, como familias e educadores. No mesmo propoñen un conto, presentan a historia e a comentan coa participación do autor ou autora. Poñen o foco en contos con mensaxe educativo.
https://www.rtve.es/play/audios/la-pequeteca/
¿Me lees un cuento?
Este é o podcast da editorial “Hola Monstruo” e en cada capítulo se recomenda e se narra un conto, entrevistando tamén ao escritor ou escritora. As narradoras son Mariela, Alexandra e Israel, coa colaboración da pequena Elena.
https://www.ivoox.com/podcast-me-lees-cuento_sq_f1688000_1.html