Fundacion Meniños

Enfrontar o acoso escolar ten que ser unha responsabilidade compartida

O recente suicidio de dunha nena de 14 anos en Sevilla, confróntanos cunha traxedia evitable. Este caso non só evidencia as consecuencias que pode chegar a ter o acoso escolar, senón tamén as carencias estruturais e humanas que aínda persisten na protección da infancia.

A Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e a Adolescencia fronte á Violencia (LOPIVI) establece un marco legal claro: todos os centros educativos están obrigados a aplicar protocolos de prevención, detección e actuación ante calquera forma de violencia cara nenos, nenas e adolescentes. Cumprir coa LOPIVI e activar os protocolos non é só un trámite administrativo, é un deber ético ineludible.

Enfrontar o acoso escolar é unha responsabilidade colectiva que ademais das familias inclúe a comunidade educativa, persoal sanitario, institucións e cidadanía. Detectar a tempo o acoso, intervir con sensibilidade e firmeza, e brindar apoio adecuado é crucial. Importa tamén prestar atención a quen exerce violencia: son en moitos casos nenos e nenas que necesitan unha intervención adecuada para romper esa dinámica daniña. Implicarnos activamente, sen escusas nin medos, é a única forma de construír contornas verdadeiramente seguras onde todos os nenos e nenas poidan crecer con dignidade, respecto e protección.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.