
Queremos enviarvos unha breve mensaxe, en certo modo para que saibades que seguimos aquí, traballando, aínda que sexa desde as nosas casas, para poder acompañarvos. Falei con case todas vós e xa sabedes que tedes o teléfono dispoñible para chamarnos ou enviarnos mensaxes de Whastapp. Tamén eu vos chamo ou envio mensaxes para saber como estades e falar un ratiño.
Pero coido que o máis importante que teño que dicirvos é que isto nos pillou a todos e todas por sorpresa. Penso que nunca nos atopamos nunha situación parecida, que é normal ter medo, estar asustados e nerviosos PERO también que é momento de coidarnos principalmente a cada un de nós, ser responsables no noso autocuidado para poder coidar aos demais.
É importante que quedemos na casa, pero tamén manter as nosas rutinas, facer un pouco de exercicio, abrazarnos moito, ter paciencia e non esixirnos máis do que podemos dar.
Estádelo facendo ben, estámolo facendo ben. Eu, pola miña banda, quero agradecervos o contacto pero tamén a capacidade de sobrepoñernos ao malo, ser fortes e loitar. Isto é o que teño aprendido de vós e quero devolvervos esta reflexión para que non a esquezades.
Ánimo e “pa´lante” que diso sabedes moito. De non renderse nunca e de mirar sempre cara adiante.