O presente documento recolle as condicións nas cales Fundación Meniños ofrece participar ao centro educativo na área de Proxectos Educativos e Preventivos e en concreto a usar a Intranet
“Taboleiro dos coles”. No mesmo tamén se indica a maneira na que se protexen os dereitos de todas as persoas implicadas (centros educativos, profesorado, alumnado e terceiras persoas), dando cumprimento aos requisitos legais para dita protección e conforme aos valores da Fundación.
A participación implica aceptar ditas condicións de maneira íntegra e incondicionada. Para poder acceder á Intranet, Fundación Meniños facilitará a cada centro educativo un contrasinal específico que lle dará acceso á citada Intranet. Dentro da mesma, os centros educativos poderán compartir material gráfico relacionado co proxecto, dándolle así visibilidade ao seu traballo e facilitando o intercambio de ideas entre o profesorado participante. Dado que dito contido pode ser obxecto de protección en relación aos dereitos de intimidade, honor, propia imaxe, privacidade e propiedade intelectual, indícanse a continuación as precisións oportunas:
Cada centro educativo subirá á Intranet fotografías e material de traballo das actividades realizadas no marco dos proxectos educativos e preventivos.
Todas as fotografías remitidas terán o carácter legal de mera fotografía e non de obras fotográficas, polo cal Fundación Meniños e cada centro educativo coñecen e recoñecen dito carácter.
Cada centro educativo, como propietario ou titular lexítimo da fotografía, autoriza á Fundación Meniños a súa reprodución, distribución e comunicación pública na súa web, canles e redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram, WordPress, Youtube, Linkedin ou outras) e nas memorias xerais ou específicas da Fundación.
A efectos de garantir o respecto dos dereitos das persoas captadas nas fotografías:
Cada centro educativo velará porque o contido das fotografías non atente aos dereitos da honra, intimidade ou propia imaxe das persoas captadas nin do propio centro educativo ou terceiras persoas.
Non se publicará ningunha fotografía na cal aparezan persoas físicas identificadas ou identificables. En consecuencia, autorízase á Fundación a editar ou modificar as fotografías para adaptar o seu tamaño ou formato, así como para eliminar datos persoais que fagan recoñecible a calquera persoa. No caso de non ser posible efectuar dita edición e modificación, Fundación Meniños resérvase o dereito de non usar a fotografía.
Neste senso, ao non publicarse ningún tipo de fotografía na que saian identificadas persoas, non se efectúa nas publicacións tratamento de datos persoais por parte de Fundación Meniños, polo que non resulta de aplicación a este respecto a normativa de protección de datos de carácter persoal, nin resultan afectados os dereitos ao honor, intimidade e propia imaxe de ningunha persoa.
A autorización de uso das fotografías efectúase en exclusiva, sen posibilidade de cesión a terceiras persoas -sen prexuízo do indicado previamente en relación coa súa reprodución, distribución e comunicación pública-, durante vinte cinco (25) anos e de maneira gratuíta.
As imaxes e fotografías contidas no Taboleiro dos coles non poden ser utilizadas sen permiso previo, expreso e escrito de Fundación Meniños, quedando prohibida a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución ou comunicación para calquera uso, comercial ou non.
Son obrigas de cada centro educativo:
- Formalizar a inscrición por medio da ficha online antes de dar inicio á súa participación.
- Informar a cada persoa que realice fotografías destas condicións.
- Informar a cada persoa captada en dita fotografía destas condicións, podendo utilizarse para este fin un documento específico elaborado polo centro educativo (documento de autorización de fotografías do propio centro).
O envío de fotografías á Fundación Meniños ou subidas das mesmas ao Taboleiro dos coles efectuarase única e exclusivamente despois de ter dado cumprimento a dito deber de información.
Para cuestións relacionadas con este tema, calquera persoa interesada pódese dirixir á Fundación nos seguintes datos de contacto:
Avenida de Cádiz 5, 2º esquerda (Edificio A Milagrosa)
15008 A Coruña
981 269 955
proxectos.educativos@meninos.org
FUNDACIÓN MENIÑOS facilitará por medio de ditas canles as condicións específicas, complementarias e/ ou operativas non contempladas expresamente neste documento.
Actualizado a 13 de xuño de 2023