nadal

(en)Volve o Nadal, (en)Volve a ilusión en Pontevedra

(en)Volve o Nadal, (en)Volve a ilusión en Pontevedra

Un ano máis presentamos a campaña de Nadal “(en)Volve” que desenvolvemos co Concello de Pontevedra.  O obxectivo desta iniciativa é que ningún neno, nena ou adolescente en situación ou risco de exclusión social de Pontevedra quede sen agasallo de nadal. Este ano, coma nos anteriores, agárdase contar de novo coa colaboración da cidadanía pontevedresa. Comézase con antelación, para poder planificar con tempo e facilitar que sexa unha campaña segura para todas as persoas implicadas. Así, ao igual que o ano pasado só se enviarán cartas vía whatsapp para evitar o contacto presencial coas familias ata o momento da entrega dos agasallos (cun importe máximo de 35€). Dende a organización animamos aos e as cómplices dos Reis Magos…