Fundación “la Caixa” colabora co programa de Atención Perinatal
A través do Programa de Atención Perinatal ofrecemos apoio psicosocial a embarazadas e recentes nais en situación de vulnerabilidade social, acompañándoas nesta etapa tan importante da súa vida.
Promovemos unha experiencia de maternidade saudable, apoiando a nova relación e informando sobre prácticas de coidados axeitadas para favorecer a creación dun vínculo materno-filial san a través da intervención individual e de talleres grupais.
A intervención temperá é un factor de prevención e promoción da saúde integral de nais e bebés e da conduta psicosocial infantil futura.
Neste ano contamos coa colaboración da Fundación “la Caixa” para desenvolvelo e poder chegar a máis nais.