Fai unha doazón

A inversión social na infancia é a que presenta maiores efectos positivos sobre o conxunto da sociedade e é unha ferramenta idónea para romper o círculo vicioso da pobreza e a desigualdade.

Doando a Meniños colaboras na labor compartida da protección da infancia, e contribúes a crear unha sociedade máis xusta, máis responsable e con menos desigualdades. Grazas a isto podemos intervir fortalecendo familias,  e fomentando a inclusión social. 

Sabías que dende o pasado 1 de xaneiro de 2024 as túas doazóns teñen máis vantaxes fiscais?

O pasado 19 de decembro aprobouse o Real Decreto-lei 6/2023, que modifica a lexislación sobre mecenado vixente en España ata o momento, dando así resposta a unha das solicitudes do terceiro sector, xa que favorece as doazóns culturais e sociais.

De entre as principais modificacións desta lei, destacamos, por unha parte, o incremento nas porcentaxes de dedución. No caso das personas físicas, a base sobre a que se pode deducir o 80% aumenta de 150€ a 250€ e a cantidade restante contará cun 40% de dedución no lugar do 35% anterior.

En ambos os casos, prémiase o chamado mecenado sostido, no que a dedución aumenta se se realizou unha doazón polo mesmo importe ou por importe superior nos dous anos anteriores. Neste último suposto, a dedución será do 45% para as persoas físicas e do 50% para as persoas xurídicas, mentres que antes era do 40% en ambos os casos.

Por cada doazón emitimos un certificado para que poidas desgravalo na túa declaración a Facenda. Segundo a última reforma fiscal, dende xaneiro de 2024 as deduccións por donativos realízanse do seguinte xeito:

En Meniños traballamos coa máxima transparencia, e para poder cumprir coa lexislación vixente en materia de prevención do blanqueo de capitais necesitamos contar cunha copia da identificación fiscal (DNI / DNI das persoas titulares da empresa) de tódalas persoas físicas ou xurídicas que nos doen máis de 100 euros en un mismo año. Esta documentación es necesaria para que podamos registrar documentalmente a súa identidade / os datos da empresa, segundo as esixencias recollidas nos seguintes artigos:

En cumprimento coa Lei 10/2010, de 28 de abril, de prevención do blanqueo de capitais e da financiación do terrorismo, no seu Artigo 3. Identificación do titular real:

“1. Os suxeitos obrigados identificarán a cantas persoas físicas ou xurídicas pretendan establecer relacións de negocio ou intervir en calesquera operacións. En ningún caso os suxeitos obrigados manterán relacións de negocio ou realizarán operacións con persoas físicas ou xurídicas que non teñan sido debidamente identificadas.”

E conforme o sinalado no Real Decreto 304/2014, de 5 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/2010, de 28 de abril, de prevención do blanqueo de capitais e da financiación do terrorismo, no seu Artigo 42. Fundacións e Asociacións:

“2. As fundacións e asociacións identificarán e comprobarán a identidade de tódalas persoas que aporten a título gratuito fondos ou recursos por importe igual ou superior a 100 euros.”

Para isto soamente terás que facernos chegar unha copia escaneada do teu DNI / DNI das persoas titulares da empresa á seguinte dirección de correo electrónico: colabora@meninos.org , ou si o prefires copia en papel a seguinte dirección postal: Fundación Meniños, Avda. de Cádiz nº5, 2º izq. C.P. 15008 A Coruña.

Esta información, será tratada conforme ao Regulamento 2016/679 de Protección de datos de carácter persoal e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD), ofrecéndote a posibilidade de controlar e modificar en todo momento os datos que nos envías.

Se queres apoiarnos mediante unha doazón puntual, podes realizar a túa aportación a través do seguinte formulario.

Outras formas de colaborar

  • Se queres realizar unha aportación periódica podes utilizar a páxina de personas socias
  • Chamando ao 981 26 99 55
  • Facendo unha transferencia bancaria á seguinte conta de ABANCA: ES11 2080 0000 7130 4015 7590