Ser familia acolledora ou adoptiva – Asturias

familia acolledora ou adoptiva de dous homes e un bebé co que xogan a mancharse o nariz con tarta
imaxe: pexels.com

Tódolos nenos e nenas teñen dereito a vivir en familia, neste caso, cunha familia acolledora ou adoptiva en Asturias, cando a súa propia non puede cubrir as súas necesidades e garantir os seus dereitos.

Nestes casos o acollemento familiar priorízase sobre o residencial para ofrecerlles unha familia, temporalmente ou de forma definitiva.

A alternativa da adopción está pensada para proporcionar unha familia a nenos, nenas e adolescentes que carecen dela.

Ambas son medidas de protección que teñen a súa base conceptual común na consideración e a satisfacción das necesidades evolutivas da infancia e o concepto de parentalidade social, un modelo que suma ás capacidades para coidar, protexer, educar e socializar, a participación doutros axentes de apoio.

Procuramos

Familias asturianas dispostas a ofrecer a un neno, nena ou adolescente un ambiente familiar estable.

Que se entende polo termo “necesidades especiais”?

• Que sexan nenos e nenas maiores de 6 anos.
• Que sexa un grupo de irmáns e irmás.
• Que sexan nenos e nenas que pertencen a minorías étnico-culturais.
• Que sexan nenos e nenas que padezan algunha enfermidade.
• Que sexan nenos e nenas que teñan algunha discapacidade física, psíquica ou sensorial.
• Que sexan nenos e nenas que presenten outras características que poidan condicionar igualmente o acollemento ou adopción.

Que ofrecemos á familia acolledora ou adoptiva?

Neste programa ofrécese información, emisión de informes psicosociais previos no procedemento de Valoración de Idoneidade, formación, e seguimento ás familias. Ademais ofréceselles tanto aos nenos e nenas como ás familias, un apoio e asesoramento continuado ao longo de todo o proceso.

Para máis información

  • Organizamos sesións informativas grupais para as personas interesadas en ser familia acolledora ou adoptiva tódolos xoves ás 17:00 horas (é necesaria inscripción previa).
  • Solicita cita para unha sesión informativa individual.
  • E tamén podes solicitar información chamando aos números: 985 20 81 24 // 900 841 521
  • Podes ler máis información aquí para saber en que consiste o programa de Acollemento familiar e Adopcións Especiais en Asturias.