Gústame Ler. O programa Lecxit chegou a Galicia para quedar

|

Imaxe: pexels

O Programa “Lecxit, lectura para o éxito educativo” encara o seu segundo ano de andaina na comunidade galega a cargo da Fundación Meniños. 

Este proxecto está inspirado na experiencia LECXIT que a Fundació Bofill desenvolve en Cataluña dende hai 10 anos en 265 centros educativos, bibliotecas e entidades sociais co apoio de preto de 2.000 persoas voluntarias. 

O obxectivo deste programa é promover o éxito escolar de nenos e nenas con dificultades académicas que cursan 4º, 5º e 6º de educación primaria a través da promoción da lectura, cun acompañamento personalizado.

O primeiro curso do Lecxit foi intenso e emocionante, cuns resultados que nos confirman a necesidade que existe entre os nenos e nenas de reforzar as súas habilidades lectoras como eixo principal do éxito educativo. Grazas ao compromiso da cidadanía a través da acción voluntaria, 64 nenos e nenas contaron cunha persoa mentora, a través dun acompañamento dunha hora semanal durante todo o curso.

Xa temos todo preparado para este novo curso 2022/2023, no que enfrontamos un novo reto cheo de ilusións, aventuras e historias abraiantes que descubrir nos libros, pero para poder levalo adiante precisamos da colaboración de máis persoas voluntarias. O voluntariado é a peza clave do Lecxit, xa que grazas ao seu compromiso, dedicación e afecto os nenos e nenas relacionan a lectura cun momento de pracer e diversión, á vez que se converte no referente adulto que lles achega valores cívicos e sociais.

Coñece máis sobre este proxecto nesta ligazón: 

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *