Fundacion Meniños

Legado solidario

Deixar escritos os teus desexos de legar, máis alá da vida, supón un gran acto de xenerosidade e solidariedade e é, ademais, un xeito de manter vivas as túas propias decisións, ideas e valores, aqueles que sempre te definiron.

O testamento solidario

Interésache? Ponte en contacto con Meniños

Se decides destinar o teu legado a Meniños, estarás axudando a que, cada ano, centos de nenos, nenas e adolescentes vexan cumprido o seu dereito a medrar nun contorno de agarimo e protección.

Ademais, estarás dándolle continuidade ao teu desexo de transformar o futuro, a través de iniciativas para unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Coa túa axuda, os nenos e nenas herdarán un mundo onde poder medrar protexidos, apoiados e felices. Onde medrar sorrindo.

Imaxinas prolongar o teu compromiso social e seguir axudando a dar continuidade a todos os nosos proxectos? Asesorámoste para que poidas cumprir o teu desexo de maneira efectiva e con total confidencialidade.

Chámanos ao 981 269 955

Escríbenos a [email protected]

Preguntas frecuentes

01. Que diferenza hai entre un legado e unha herdanza?
A herdanza é o total de bens, dereitos e obrigas que permanecen tras o falecemento dunha persoa e divídese en tres partes iguais:
  • A lexítima, que é 1/3 da herdanza que lles corresponde aos herdeiros forzosos, sempre que os haxa, a partes iguais.
  • O terzo de mellora, tamén destinado aos herdeiros forzosos, aínda que se pode repartir como se estime oportuno.
  • E, por último, o terzo de libre disposición, que pode ir destinado non só aos herdeiros senón tamén a calquera outra persoa física ou xurídica.
O legado afecta a esta última parte do patrimonio que non corresponde obrigatoriamente aos herdeiros forzosos e consiste en atribuír un ben concreto a unha ou varias persoas ou institucións. Así mesmo, os herdeiros ou herdeiras nunca se verán prexudicados.
  • Aberto: Expresión oral ou escrita das túas últimas vontades ante notario. Pódese modificar e actualizar en calquera momento, de maneira confidencial.
  • Ológrafo: Expresión persoal escrita das túas últimas vontades sen que sexa cualificada polo notario, datada e asinada. Hai que iniciar un proceso notarial para:
    • Verificar a sinatura
    • Cualificar que é o último testamento
  • Pechado: O testamento asinado entrégase ao notario nun sobre pechado.
Fai un testamento é un procedemento sinxelo que custa uns 40 €. Ademais, pódese cambiar sempre que o desexes e cantas veces o necesites, de maneira confidencial.

Podes legar unha cantidade fixa de diñeiro ou establecer unha porcentaxe sobre o valor total do teu patrimonio. Tamén é posible facer doazóns en especie (bens inmobles, un coche, obras de arte, xoias, etc.)

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.