Maternidade e discapacidade

|
Imaxe: pexels.com

A maternidade ten moitas caras, realidades que nin podemos imaxinar cando decidimos ter un bebé. Que poden chegar á nosa vida e poñela do revés. 

Hai uns días celebrábase o día da discapacidade, e no programa de Atención perinatal a mulleres en situación de vulnerabilidade social da Fundación Meniños sabemos ben que a discapacidade dun fillo ou filla descoloca toda expectativa, todo plan, toda construción que tivéramos feito de nós mesmas como nais, do día a día da familia que creamos, da crianza, do entorno social… É como un tsunami que arrasa con todo o que tiñamos construído.

A discapacidade é unha circunstancia que inflúe nas vidas de moitas persoas cada día, incluídas as mulleres que están pensando en ser nais ou que xa o son.

Porque se a igualdade ten un longo camiño aínda por percorrer, no que se refire á maternidade e mulleres con discapacidade, este camiño ten aínda moito máis por construír. 

Compartimos o documento “El discurso de las mujeres con discapacidad en torno al ejercicio de la maternidad y su derecho a formar una familia” do Observatorio Nacional de Discapacidade, que pon o foco tanto na invalidación sistemática do dereito a decidir ser nais do colectivo de mulleres con discapacidade como no cuestionamento das súas capacidades e a falta de comprensión no que se refire ás necesidades destas mulleres e nais na atención á súa saúde reprodutiva e sexual, incluídos momentos como o parto ou o postparto. 

Observatorio de la discapacidad

A relación entre maternidade e discapacidade é algo que no programa de Atención Perinatal a Mulleres en Situación de Vulnerabilidade Social temos presente día a día, apoiando e acompañando a mulleres que, dende a súa realidade e discapacidade, viven a maternidade como un camiño que acostuma estar cheo de prexuízos, crenzas limitantes e obstáculos.

Artigo de Dialnet Unirioja

As experiencias de maternidade nas que a crianza é quen ten a discapacidade e o seu impacto en diferentes áreas das nais son a base do artigo de Hernández, L., Prieto, P. & Muñoz, M. (2020). Repercusiones en las madres de hijos con discapacidad, que vos compartimos para achegarvos un pouco a estas experiencias esquecidas con demasiada frecuencia.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *