Fundacion Meniños

A pregunta que o cambia todo

Hai unha realidade que non desaparece porque non a miremos. Miles de nenas e nenos sofren violencia cada día, moitas veces no seu ambiente máis cercano. Iso é o que nos preguntamos en Meniños no 2025: estamos á altura? estámolo como sociedade? como familias? como institucións?

1/4

Sofre bullying

1 de cada 4 nenas e nenos sufriu acoso no seu colexio.

90%

Ciberacoso

O 90% das vítimas de ciberacoso son menores de idade.

10%

Tempo en familia

As nenas e nenos só dedican o 10% do seu tempo libre a desfrutar da familia.

50%

Non actúa

Case a metade do alumnado non fai nada cando ve unha situación de acoso.

«A nosa responsabilidade como comunidade é o coidado colectivo da infancia. Isto conséguese estando á altura e actuando ante cada situación que vemos ou vivimos.»

Memoria
Memoria
Memoria
Memoria
Memoria

Carta da Directora Xeral

Cando presentamos a campaña «Temos que estar á altura» en setembro de 2025 fixémolo cunha convicción moi sinxela e, á vez, moi esixente: a violencia contra a infancia non é un problema alleo, nin dunhas poucas familias, nin duns poucos profesionais. É unha responsabilidade de toda a sociedade. E por iso, resolvela tamén nos implica a todas e todos. En Meniños puxémonos á altura da infancia e a adolescencia para escoitala, entendela e sobre todo para acompañala.

4.221

Nenas e nenos atendidos

1.953

Contornos familiares atendidos

O pasado ano, 4.221 nenas, nenos e adolescentes e 1.953 contornos familiares atoparon en Meniños ese acompañamento que protexe, sostén e fai que “te poñas nos zapatos do outro”. E iso recórdanos algo esencial: cando alguén intervén, cando alguén non mira cara outro lado, as cousas poden cambiar. Aprendemos, una vez máis, que protexer á infancia non é só actuar; é estar preto, soster ás familias, empatizar, confiar na capacidade de cambio e non renderse.

Esta memoria recolle todo o que fixemos durante o ano, pero tamén o que reafirmamos no camiño: que previr é transformar o futuro da infancia. E que protexer, actuar e denunciar non é unha opción, senón a maneira de estar á altura.

 

Verónica Rivadulla, Directora Xeral · Fundación Meniños

Memoria

Cambio

Cremos na capacidade de cambio das persoas. Sempre.

Memoria

Entorno

O mellor ambiente para as nenas e nenos é a súa propia familia. O noso traballo é fortalecela, non substituíla.

Memoria

Comunidade

A rede de apoio que rodea a unha familia pode cambiar o seu destino.

Memoria

Mirada apreciativa

Traballamos desde o respecto, recoñecendo as fortalezas de cada familia.

Memoria

Boa razón

Todas as persoas teñen unha boa razón para actuar, aínda que a primeira vista non se poda ver.

Quen nos poñemos á altura?

En Meniños traballamos desde 1996 para garantir os dereitos da infancia desde a sensibilización, a prevención e a intervención directa. Desde Galicia, Asturias e Castilla y León, desenvolvemos dúas áreas sólidas de traballo, desde a prevención (formando a familias, actuando no contexto educativo e apoiando a familias en construción) e desde a reparación (intervindo desde unha perspectiva terapéutica ou familiar). Pero non podemos facelo en solitario. Para facelo posible necesitamos o apoio de administracións públicas, socias e socios, doantes, centros educativos e persoas voluntarias que se poñen á altura da infancia e a adolescencia.

79

Mulleres

6

Homes

44 anos

media idade

85 persoas

traballadoras

42

persoas voluntarias

243

socias e socios

19

entidades públicas

21

doantes puntuais

67

centros educativos

Memoria

Poñémonos á altura antes de que o dano ocorra

A protección da infancia constrúese creando contextos seguros. Por iso traballamos nas aulas, nos fogares e nos primeiros meses de vida. En 2025, 3.126 nenas e nenos participaron en programas educativos e preventivos.

Memoria

Atención perinatal

Atención perinatal

Acompañamos a nais vulnerables durante o embarazo e os primeros 18 meses de crianza para crear vínculos seguros e ambientes libres de maltrato.

115 nais - 101 bebés

Memoria

Espazos de preservación familiar

Espazos de preservación familiar

Apoio psicolóxico, social e educativo nas comarcas do Salnés, Barbanza e Ferrolterra para familias con risco leve de desprotección.

295 nenas e nenos - 185 familias

Cando unha familia se desborda poñémomos á altura para entender, empatizar, apoiar…

Desde a nosa mirada, detrás de moitas situacións de risco non hai familias que non queren ás súas fillas e fillos, hai familias desbordadas, soas e ás veces sen recursos. A nosa resposta non é substituílas: é facelas máis fortes. En 2025, 697 nenas, nenos e adolescentes e as súas familias recibiron apoio para non romperse.

Memoria

Integración familiar

Integración familiar

Preservamos e recuperamos as condicións protectoras de familias con nenas, nenos e adolescentes en risco, evitando a separación.

349 nenas, nenos e adolescentes · 214 familias

Memoria

Atención familiar

Atención familiar

Axudamos ás familias a desenvolver habilidades persoais e de crianza. Traballamos con elas para darlles as ferramentas para que superen situacións de crise.

71 nenas, nenos e adolescentes· 46 familias

Memoria

Puntos de encontro familiar

Puntos de encontro familiar

Espazos seguros para que as nenas e nenos manteñan a relación cos seus pais e nais en situacións de alta conflitividade familiar.

137 nenas, nenos e adolescentes· 108 familias

Memoria

Programas con Fundación "la Caixa"

Programas con Fundación "la Caixa"

Integración social e apoio ao desenvolvemento de nenas e nenos en situación de pobreza ou vulnerabilidade en varias provincias galegas.

140 nenas, nenos e adolescentes· 106 familias

Poñémonos á altura se o dano xa se producía

Sabemos que hai feridas invisibles. O abuso, a violencia e o medo dentro do propio fogar deixan pegadas profundas que non desaparecen por si soas. En 2025, 266 nenas, nenos e mulleres iniciaron o seu proceso de recuperación co noso acompañamento terapéutico.

«O trauma non desaparece só. Pero co acompañamiento adecuado, a recuperación é posible.»

Abuso sexual infantil

Reparación do trauma e acompañamento á familia e equipos profesionais.

349 nenas, nenos e adolescentes · 214 familias

Violencia sexual a mulleres

Recuperación emocional a través de atención psicolóxica e o programa Recorpórate.

118 mulleres en Galicia

Nenos e nenas vítimas de violencia de xénero

Superación do trauma, redución do daño emocional e fortalecemento do vínculo coas súas nais.

44 nenas, nenos e adolescentes en zonas urbanas e rurais

O noso obxectivo é estar á altura cando unha nena ou neno non pode quedar no seu fogar

Ningunha nena nin neno debería medrar sen sentir o calor da súa familia. Cando a súa familia non pode coidala, procuramos que outro entorno familiar poda. En 2025, 913 familias abriron o seu fogar ou acompañaron a unha nena ou neno nese proceso.

Adopcións especiais en Galicia

Preparación e acompañamento completo nos procesos de adopcións de especial dificultade.

39 nenas, nenos e adolescentes · 207 familias · 354 persoas adultas

Acollemento e adopcións especiais en Asturias

Formación, valoración de idoneidade, acoplamento e seguimento de acollementos e adopcións especiais.

78 nenas, nenos e adolescentes · 150 familias · 275 persoas adultas

Adopción nacional e internacional en Castilla y León

Valoración psicosocial, acompañamento postadoptivo, orientación terapéutica e busca de orixes.

133 nenas, nenos e adolescentes · 556 familias · 779 persoas adultas

Poñémonos á altura nas aulas

A escola é o primeiro lugar onde as nenas e nenos aprenden a relacionarse. Se sementamos respecto, empatía e bo trato aí, cambiamos todo o que vén despois. En 2025, 3.126 nenas e nenos participaron nos nosos proxectos educativos e preventivos.

Memoria

AXIA: O universo do bo trato

Prevención da violencia en centros escolares a través dunha misión galáctica que promove a saúde mental infantil, a empatía e a resolución pacífica de conflitos.

516 nenas, nenos e adolescentes · 29 docentes · 5 centros

Memoria

Colexio do Benquerer

Educación afectivo-sexual baseada no bo trato, o respecto e a diversidade para alumnado de 5.º e 6.º de Primaria.

2.152 nenas, nenos e adolescentes · 54 centros educativos

Memoria

LECXIT

Mellora da comprensión lectora con implicación de personas voluntarias en centros de Galicia.

62 nenas, nenos e adolescentes· 13 centros

Memoria

CANCHA: Medrar xogando

Garantimos que as nenas e nenos en situación de vulnerabilidade teñan acceso real ao xogo, o deporte e o ocio.

70 nenas, nenos e adolescentes · 77 familias

Estamos á altura como sociedade?

En setembro de 2025 lanzamos «Temos que estar á altura», non para falar de Meniños senón de todas e todos nós. Unha mensaxe de responsabilidade que implica empatizar, protexer, denunciar e actuar ante a violencia cara a infancia. E que, por encima de todo, significa non mirar cara outro lado.

Memoria

17.049 persoas séguennos en redes sociais

O noso seguimento en medios sociais consolídase.

Memoria

44.906 usuarias na web

Usuarios únicos á nosa páxina web corporativa e á páxina de campaña https://meninos.org/temos-que-estar-a-altura/

Memoria

1.649 asistentes a eventos

Presencia en foros e eventos de Galicia, Asturias e Castilla y León.

Memoria

Estamos á altura no uso dos recursos

A confianza de quen nos financia é un recurso que hai que coidar. A transparencia non é un requerimento legal para nós: é unha forma de estar á altura. En 2025 recibimos 3.458.508 € e empregamos na nosa actividade 3.374.777 €. Fundación Meniños cumpre coa Ley 19/2013 de transparencia e é auditada anualmente con resultados favorables.

De onde vén o financiamento

Memoria
Memoria

58%

·

Concerto social

Memoria

20%

·

Contratación pública

Memoria

11%

·

Subvencións públicas

Memoria

6%

·

Colaboracións empresariais

Memoria

3%

·

Base social e autoxenerado

Memoria

2%

·

Aportacións IRPF

Onde vai cada euro

Onde vai cada euro

Intervención familiar · 33%

Programas educativos · 25%

Acollemento e adopción · 25%

Atención terapéutica · 13%

Incidencia social · 4%

De cada 100 euros dedicamos

Memoria

82€

a programas directos

Memoria

14€

a estrutura

Memoria

4€

a captación de fondos

Memoria
Memoria

Quen se pon á altura cada día

Estar á altura non é fácil. Implica acompañar situacións de enorme dificultade emocional, non renderse cando os avances son lentos e soster a quen o está pasando mal. O noso equipo faino cada día.

4,28/5

Satisfacción (Empresa familiarmente responsable)

NPS 43

Clima laboral (Net Promoter Score)

85%

Sentimentos positivos

2.103

Horas de formación en 2025

Como Meniños coida a quen coida

  • Renovación do Certificado Empresa Familiarmente Responsable en 2025: teletraballo, flexibilidade e conciliación.
  • Plan de Autocoidados para todas as profesionais da entidade.
  • Plan de Formación 2025: 2.103 horas dentro da xornada laboral.
  • Marca Asturiana de Excelencia en Igualdad do Principado de Asturias.

Estamos á altura en calidade

Para nós a calidade non é un selo, é un xeito de traballar cada día. En 2025 Meniños renovou as 3 certificacións que avalan a nosa actividade.

Memoria

ISO 9001:2015

Certificación de calidade para os programas de Integración Familiar, Atención Familiar, Adopcións Especiais en Galicia e Acollemento en Asturias. Emitida por Bureau Veritas Certification.

Memoria

Certificado EFR

Empresa Familiarmente Responsable desde 2021, renovado en 2025. Outorgado pola Fundación Más Familia. Recoñece un modelo de traballo máis humano e equilibrado.

Memoria

Marca Asturiana de Excelencia en Igualdad

Distinción do Principado de Asturias que acredita o compromiso de Meniños coa igualdade de xénero, a infancia e a adolescencia.

Memoria

Descarga aquí la memoria en PDF

Temos que estar á altura

«A violencia contra a infancia existe. A pregunta non é se ocorre. A pregunta é que facemos. En 2025, Fundación Meniños elixiu actuar. E ti que elixes?»

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.