O evento empresarial solidario Treze Luzes celebra a súa IV edición, de novo a favor de Meniños

Treze Luzes 2022 terá lugar o próximo 15 de setembro na Finca Montesqueiro (Oleiros), contando con embaixadores de diversos ámbitos da saúde, a cultura, a moda e o deporte. Así mesmo, trece prestixiosos chefs e os seus equipos colaborarán de forma solidaria cociñando en directo. Ademais da adquisición de entradas para a asistencia e da poxa solidaria que se celebrará durante o evento, calquera persoa pode colaborar a través dunha “mesa zero”.O importe íntegro dos cartos redados en Treze Luzes 2022 será destinado aos diferentes proxectos que desenvolvemos a favor de la infancia y las familias.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará