O evento solidario TrezeLuzes recada 204.450€ para os nosos programas

|

A VI edición tivo lugar o pasado xoves 12 de setembro, unha vez máis na Finca Montesqueiro (Oleiros), coa presenza destacada de personalidades e empresas que se implicaron de xeito solidario para facer posible a gala.

O evento foi conducido pola modelo e presentadora Paloma Lago e o actor Adrián Castiñeiras. O resto dos 13 embaixadores desta edición foron David Amor (actor e cómico), Noelia Rey (xornalista e presentadora), Darío Villanueva (filólogo e académico da RAE), Abraham Cupeiro (músico), Nerea Barros (actriz), Diego As (artista urbano), Palo Capilla (cómica e actriz), Mico Rabuñal (escultor), Fernando Alonso (piloto de automobilismo), e Susana Seivane (gaiteira).

Despois da poxa solidaria os asistentes desfrutaron dun “showcooking” ofrecido por 13 destacados chefs de Galicia, ademais das actuacións musicais de GaliArtist, Siempre Romero, Flamenco Standards e a empresa profesional de eventos Ayman Prosound. 

Grazas ás aportacións realizadas a través das diferentes formas de colaboración recadáronse un total de 204.450€ para os nosos proxectos.

Máis información na web, http://www.trezeluzes.es e nas RRSS de Trezeluzes e as de Meniños.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *