Fundacion Meniños

O pasado 3 de febreiro recibimos o Premio Humanitas 2025, un galardón que o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni-USC) convocan conxuntamente cada ano.

 

O reitor da USC Antonio López entregando o diploma ao noso presidente, José Manuel Villanueva Prieto. Na foto tamén, a presidenta de Alumni USC, Eva López, e o vicepresidente doel Consello Social da USC, José Villarnovo.
O reitor da USC Antonio López entregando o diploma ao noso presidente, José Manuel Villanueva Prieto.

 

O premio valora o impacto da nosa dilatada traxectoria, na que vimos traballando desde 1996 co obxectivo de que cada neno, nena e adolescente medre nun ambiente de coidado e protección, onde poida medrar sentindo seguridade e agarimo.

 

Durante a o acto, celebrado na sede do Consello Social, o reitor Antonio López entregou o diploma ao noso presidente, José Manuel Villanueva Prieto. O evento contou tamén coa presenza destacada da presidenta de Alumni USC, Eva López, o Vicepresidente do Consello Social da USC, José Villarnovo, xunto co equipo directivo de Meniños.

 

Este recoñecemento da Universidade de Santiago de Compostela, pon de manifesto a confianza da comunidade universitaria no noso traballo e supón un novo estímulo para seguir avanzando na nosa misión a prol da infancia.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.