Ocio de verán en familia co programa FAIN
Este verán organizamos unha chea de actividades coas familias participantes no programa FAIN.
O obxectivo deste programa, que levamos a cabo en Pontevedra, é ofrecer apoio a familias con nenos e nenas menores de 18 anos que reciben o Ingreso Mínimo Vital ou a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA).
Unha parte importante do mesmo é a realización de actividades lúdico-pedagóxicas en familia. A participación en actividades deste tipo é fundamental para garantir a axeitada evolución dos nenos e nenas, pero tamén para o desenvolvemento das capacidades dos pais e nais para exercer adecuadamente a protección dos seus fillos e fillas. O ocio non é só un factor de desenvolvemento e ferramenta de aprendizaxe, senón tamén un factor corrector de carencias persoais e desaxustes sociais.
Deste xeito, o programa de verán incluíu actividades acuáticas, deportivas, visitas guiadas a museos e excursións.
Amosamos aquí algunhas delas: