Participamos na mesa de debate “Fundaciones y su impacto en la sociedad Gallega”

Imaxe: El Español

A nosa directora, Mónica Permuy, participou onte na mesa redonda “Fundaciones y su impacto en la sociedad gallega” no marco do Foro Económico Español “La Galicia que viene”, organizado polo medio de comunicación El Español na Coruña. Durante o debate, que contou tamén coa participación de representantes da Fundación ENKI, a Fundación Adcai, a Fundación María José Jove e a Fundación San Rafael, aportou información sobre a orixe e evolución das fundacións coma iniciativa cidadá e a súa capacidade para anticiparse a problemas emerxentes, sen limitarse a cubrir necesidades. Ademais, apelou á necesidade de que desaparezan as barreiras que ás veces parecen existir entre as fundacións, a administración, e as empresas, e fixo un chamamento á colaboración e o traballo en rede.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *