Fundacion Meniños

Política de privacidade

Seguindo os principios de licitude, lealdade e transparencia, poñemos á súa disposición a presente Política de Privacidade.

1. Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

  • Responsable: Fundación Meniños
  • NIF: G15551120
  • Domicilio social: Avda. de Cádiz, 5 – 2º Esqda. – Edif. “A Milagrosa”, 15008, A Coruña
  • Correo electrónico: [email protected]
  • Teléfono: 981269955
  • Delegado de Protección de Datos: [email protected]

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

En Fundación Meniños, dependendo da categoría de interesado de que se trate, tratamos a información que nos facilita coas seguintes finalidades:

  • Socios/as: Xestionar a relación profesional, xestionar o envío de información solicitada e/ou resolver as consultas propostas, facilitar ofertas dos nosos servizos do seu interese.
  • Padroado: Xestionar a relación profesional coa Fundación.
  • Doantes: Xestionar as doazóns de usuarios.
  • Voluntarios/as: Xestionar procesos de selección de voluntarios. Xestión de comunicacións necesarias e encontros formativos. Xestión administrativa relativa a seguros e acordos de voluntariado.
  • Provedores: Xestionar a relación comercial e/ou profesional.
  • Candidatos/as: Xestionar o proceso de selección de persoal.
  • Usuarios web: Xestionar a análise dos seus datos de navegación.

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos persoais, dependendo da categoría de interesado de que se trate, pode ser:

  • Socios/as:
    • Art. 6.1.f RGPD: Interese lexítimo (enviar información solicitada, responder a consultas…).
    • Art. 6.1.a RGPD: Consentimento do propio interesado (facilitar información dos nosos servizos).
    • Art. 6.1.b RGPD: Execución dun contrato no que o interesado é parte.
  • Padroado: Art. 6.1.b RGPD: Execución dun contrato no que o interesado é parte.
  • Doantes: Tratamento dos seus datos persoais para a doazón realizada á Fundación.
  • Voluntarios/as: Art. 6.1.b RGPD: Execución dun contrato no que o interesado é parte.
  • Provedores: Art. 6.1.a RGPD: Consentimento do propio interesado.
  • Candidatos/as: Art. 6.1.a RGPD: Consentimento do propio interesado.
  • Usuarios web: Art. 6.1.a RGPD: Consentimento do propio interesado.

Os datos que lle solicitamos son axeitados, pertinentes e estritamente necesarios e en ningún caso está obrigado a facilitárnolos, mais a súa non comunicación poderá afectar á finalidade do servizo ou á imposibilidade de prestalo.

4. Por canto tempo conservaremos os seus datos persoais?

Os seus datos serán conservados o tempo mínimo necesario para a correcta prestación do servizo ofrecido, así como para atender as responsabilidades que se puideran derivar do mesmo e de calquera outra esixencia legal.

5. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Fundación Meniños non comunicará os seus datos a ningún terceiro, salvo que se informe diso expresamente.

Adicionalmente informámoslle que determinados datos, en virtude da normativa vixente ou da relación contractual que manteña con Fundación Meniños, poderán ser comunicados a:

  • Os bancos e entidades financeiras para o cobro dos servizos contratados e/ou produtos comprados.
  • Administracións públicas con competencia nos sectores da actividade de Fundación Meniños, cando así o estableza a normativa vixente.

6. Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

Os dereitos de protección de datos que poderán exercer as persoas interesadas, cando proceda, son:

  • Dereito de acceso: Consultar que datos persoais trata o Responsable do Tratamento. Máis información aquí.
  • Dereito de rectificación: Modificar os datos persoais cando sexan inexactos, incorrectos ou incompletos. Máis información aquí.
  • Dereito de oposición: Solicitar que non se traten os seus datos para algunhas finalidades concretas. Máis información aquí.
  • Dereito de supresión: Solicitar a eliminación dos seus datos persoais. Máis información aquí.
  • Dereito de limitación: Solicitar que se limite o tratamento dos seus datos. Máis información aquí.
  • Dereito de portabilidade: Recibir os seus datos nun formato estruturado e poder transmitilos a outro responsable. Máis información aquí.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: Garantir que non se adopten decisións baseadas unicamente en tratamentos automatizados, incluída a elaboración de perfís. Máis información aquí.
  • Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade competente: Interpor unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se considera que se vulneraron os seus dereitos.

Os titulares dos datos poderán exercer estes dereitos dirixindo unha comunicación por escrito ao domicilio social de Fundación Meniños en Avda. de Cádiz, 5 – 2º Esqda. – Edif. “A Milagrosa”, 15008, A Coruña ou ao correo electrónico: [email protected].

Pode utilizar os seguintes modelos para exercitar os seus dereitos:

Máis información sobre o exercicio de dereitos na páxina oficial da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD): nesta ligazón.

7. Podo retirar o consentimento?

Ten dereito a retirar en calquera momento o consentimento outorgado, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.

8. Onde podo reclamar se considero que non se tratan os meus datos correctamente?

Pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se considera que os seus datos non foron tratados correctamente. Máis información en: www.aepd.es.

9. Seguridade e actualización dos seus datos persoais

Para garantir a seguridade dos seus datos, Fundación Meniños adoptou todas as medidas técnicas e organizativas necesarias. Non obstante, informámoslle que a seguridade absoluta non existe. É importante que nos comunique calquera modificación para manter os seus datos actualizados.

10. Confidencialidade

Fundación Meniños tratará os seus datos coa máxima confidencialidade. Non cederemos nin comunicaremos os seus datos a terceiros, salvo nos casos legalmente previstos ou salvo que teña outorgado consentimento expreso.

¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.