“Polo mar corren as lebres”

| | |

Seguramente todo o mundo recorda ou polo menos coñecemos esa canción popular que dicía “Imos contar mentiras, tralará”. Era unha desas cancións cuxo ritmo se pegaba ao noso corpo e o significado facía rir ao noso cerebro imaxinando sardiñas camiñando polos montes. E é unha canción que moitos profesionais da infancia lembramos cando escoitamos determinadas cousas sobre as criaturas con e para as que traballamos.

Hoxe apetéceme falarvos da mentira do “adáptanse a todo”. E digo mentira sen paliativos porque é tal cal, una crenza, que non unha certeza, que os adultos utilizamos para evitar asumir múltiples realidades. Desde a separación nai-bebé na primeira crianza, aos cambios de estruturas familiares que viven os pequenos a conta da nosa inestabilidade emocional, pasando polos cambios de rutinas para acomodarnos a lo que los adultos desexamos ou necesitamos e, como non, os cambios nos roles familiares.

Con bastante frecuencia (máis da que imaxinamos) as crianzas realízanse desde a mirada da persoa adulta. As súas necesidades, desexos, rutinas e expectativas marcan as pautas da experiencia infantil das criaturas ao seu cargo. E isto é porque se entende que a persoa adulta cría, que é totalmente certo, pero falta a mirada de quen recibe esa crianza, de quen está en pleno desenvolvemento da súa etapa infantil, adquirindo diversas habilidades, coñecementos e comprensión de quen e o que lle rodea e como relacionarse con todo iso e consigo mesmo.

Desde bebés de menos un ano aos que lles dicimos que deben compartir os seus xoguetes a pequenos de 3 anos a quen lles pedimos que distingan unha situación de perigo nun parque, por exemplo. Algo para o que claramente ni a uns ni aos outros o seu desenvolvemento os ha preparou aínda.

Pero hai outras atribucións e expectativas que envorcamos sobre as criaturas e que son quizais máis invisibles, están máis camufladas de “hábitos de independencia”. Falo da “parentificación”.

Quizais non teñas escoitado este termo antes de agora aínda que foi mencionado por primeira vez en 1973 por el psiquiatra Iván Boszormenyi-Nagi, pero é unha realidade moi extensa e que deixa pegada nas crianzas de forma intensa. A revista Science Direct en 2011 publicou un artigo sobre este fenómeno, que definiu como a asunción de las tareas de coidado por parte dos nenos, aportando eles aos seus pais, irmáns ou personas do contorno familiar coidados propios de ser exercidos por adultos. Trátase de responsabilidades físicas ou emocionais que na infancia non corresponden á idade ou desenvolvemento desa criatura. E iso, síntoo moito, non é independencia, é un xeito de alterar o desenvolvemento san e equilibrado do ou da menor.

Pode que teñades visto vídeos de bebés dun ano e medio tendo listaxes de tarefas no encerado, e familias orgullosas de que isto sexa así e os seus fillos con esa idade laven os pratos, dobren a roupa ou a garden. E isto, claro que si, pode ser un xogo divertido e marabilloso para os máis pequenos, que se senten integrados no día a día e desenvolven habilidades mentres fan xogo de imitación. Pero hai unha liña bastante clara entre os pequenos e pequenas que se divirten con esas actividades que aos adultos seguramente nos resultan monótonas, e os nenos e nenas a quen se lles atribúe esa actividade como responsabilidade esixible dentro da familia.

É grande a diferenza que sente o pequeno ou pequena, que deixa de velo como un xogo. E aí está a clave.

Nesta liña, os irmáns “maiores” aos que poñemos como coidadores dos menores son outro habitual en moitas casas. E isto comezámolo a cultivar con frecuencia xa no embarazo con frases como: “coidarás ao teu irmanciño pequeno”, “agora terás que facerte maior”, “desde agora tes que axudar a mamá/papá porque van a ter moito máis traballo co bebé”…

Se vos dades conta, son frases impositivas. “Tes que” está trasladando ao pequeno ou pequena (en ocasións de moi curta idade) un sentimento de esixencia, de ter que responder a unha expectativa. E, con frecuencia, sen concretar realmente lo que se espera del ou dela.

É outra forma máis de parentificación.

Podedes imaxinar chegar ao voso primeiro día de traballo e que como toda instrución e formación vos digan: “agora tes que traballar”. ¿Imaxinades a angustia que pode xerarvos iso? ¿E se isto se produce no primeiro día que entrades na universidade a entregar a matrícula e sen máis formación nin información volo din? É dicir, volo trasladan cando no estades en absoluto preparados para exercer ese traballo. Seguro que véndoo desde o prisma adulto, entendemos que pedir algo a alguén que non está preparado para iso é totalmente incoherente.

Outra das mostras de parentificación que podemos ver é a referida á xestión emocional de persoa adulta que trasladamos ás criaturas, concretamente a que pequenos e pequenas sexan o sostén emocional da nai ou dalgunha das figuras de referencia familiar, modificando totalmente así os roles emocionais e de vinculación, e alterando a sensación de seguridade e coidados da criatura.

As pegadas que a parentificación pode deixar nos e nas menores son a veces identificadas coma positivas desde (de novo) a mirada adulta, xa que se produce unha maduración rápida dos pequenos ao verse empurrados a asumir responsabilidades por riba da súa idade. Pero a grande pregunta é que ocorre cando esas criaturas medran, e aí as diferentes investigacións detectan que se chegan a producir serias dificultades para detectar, recoñecer e atender las necesidades persoais, fenómenos de necesidades desprazadas neses adultos que han viviron parentificación, padecemento de estrés crónico ou problemas de xestión emocional e de manexo das condutas tanto na infancia como na etapa adulta destas persoas.

A inclusión necesaria das criaturas na vida familiar e a súa exposición e liberdade para realizar tarefas e participar en decisións e xestión emocional familiar. Non podemos confundir esta inclusión dos menores no el día a día da familia coa asunción dunhas responsabilidades totalmente desaxustadas, porque non, nin as sardiñas poden correr polo monte, nin os nenos e nenas asumir o rol de  persoas adultas sen consecuencias”.

Aquí vos deixamos a ligazón a un artigo sobre a parentificación publicado recentemente por El País.

Sara Lorenzo e Beatriz Calvete
Programa de Atención Perinatal para Nais en Dificultade Social

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *