Presentamos a campaña de difusión do Programa de adopcións especiais próxima etapa: Medrar en familia

|
O Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participa na presentación
da campaña sobre adopción especiais da Fundación Meniños.
Esta campaña procura dar a coñecer a figura da adopción especial entre a poboación galega e fomentar a incorporación de novas familias ao programa de adopcións especiais, que Meniños desenvolve en colaboración coa Xunta de Galicia.

O 18 de outubro celebrouse en Santiago de Compostela o acto de presentación da campaña de difusión da adopción especial “Próxima Etapa, Medrar en Familia”, contando coa presencia do Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre, e a Directora de Meniños, Mónica Permuy. Esta campaña procura dar a coñecer a Adopción Especial entre a poboación galega e fomentar a incorporación de novas familias adoptantes, ademáis de sensibilizar sobre a protección á infancia. Se che interesa saber máis contacta co noso equipo: 678752393 adopcion.especial.t2@meninos.org

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *