Fundacion Meniños

>

>

Programa de Adopción Nacional, Internacional e Postadopción en Castela e León

Que supón a adopción nacional e internacional?

Programa de Adopción Nacional, Internacional e Postadopción en Castilla y León

A adopción é unha grande oportunidade para ofrecer aos nenos e ás nenas un entorno de coidado e seguridade. Medrar nunha familia que proporciona apoio e protección é fundamental para o desenvolvemento emocional e psicolóxico na infancia.

O noso obxectivo é asegurar que cada neno ou nena teña a oportunidade de medrar nun fogar onde se sinta unha persoa querida e segura, e onde poida desenvolver todo o seu potencial.

Que ofrecemos ás familias?

Orientamos ás familias desde o primeiro momento, ofrecéndolles información especializada e asesoramento. As persoas que se ofrecen para a adopción reciben unha formación específica.

Adopción nacional:

  • Información especializada e asesoramento
  • Formación das persoas que se ofrecen para a adopción.
  • Valoración psicosocial da idoneidade.

Adopción internacional:

  • Información especializada e asesoramento.
  • Formación das persoas que se ofrecen para a adopción.
  • Valoración psicosocial da idoneidade.
  • Seguimento.

Postadopción:

  • Orientación e apoio á convivencia.
  • Atención terapéutica a menores adoptados e familias adoptivas.
  • Formación a familias adoptivas.
  • Asesoramento e mediación para as persoas adoptadas no seu dereito á procura de orixes.

Participantes

  • Persoas que residan en Castilla y León interesadas en recibir información sobre os procesos de adopción en Castilla y León e internacional.
  • Residentes fóra de Castilla y León que desexen información sobre os procesos de adopción dentro de Castilla y León.
  • Persoas que residan en Castilla y León e que realicen formalmente un ofrecemento de adopción na mesma comunidade autónoma.
  • Persoas menores de idade que se incorporen a unha unidade de convivencia familiar a través da adopción e que residan en Castilla y León.

Como podes informarte?

Programa de adopción nacional, internacional e postadopción en castela e león

Chamando ao 638 312 492

Programa de adopción nacional, internacional e postadopción en castela e león

A través do email [email protected]

Este programa desenvólvese coa financiación da Consejería de Familia e Igualdad de Oportunidades da Junta de Castilla y León.

Programa de adopción nacional, internacional e postadopción en castela e león
¿Queres formar parte de Meniños?
Podes axudarnos facendote socio ou socia o mediante unha donación.
¿Quieres formar parte de Meniños?
Puedes ayudarnos haciéndote socio o socia o mediante una donación.